IPSO FACTO
Este décimo octavo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana
Aínda non saira o primer raio de sol e Gataparda xa estaba axitándome inmisericorde para que me erguera. – Ipso la facto- mentinlle buscando raguñar uns minutos máis de soño. Vano intento, Gataparda abriu a fiestra de para en par e tirou bruscamente da miña manta deixándome espida para que o frescor matinal actuara como resorte. Capitulei sen remisión e rezongando incorporeime para alcanzar a miña roupa para abrigarme non sen antes obsequiar a miña amiga cunha mirada furibunda de aversión.
Baixamos ao comedor onde xa estaban dando conta do seu almorzo os cinco integrantes da nosa escolta. Mantiñan unha conversa moi animada ante a expectativas dunha expedición que prometía aventuras ou alomenos uns días lonxe do férreo mando de Prusiana. Apurei o meu almorzo, escuseime no medio do seu alborozo e levanteime da mesa encaminándome hacia a saída. Apenas me restaban dous pasos da cancela cando escoitei a voz de Gataparda avisándome de que tiña unha hora como máximo, que non me retrasará. Antes de sair alcei a vista ao ceo implorando un respiro. -Siiii-, contesteille e deixeina alí revisando por enésima vez os pertrechos para a viaxe. Nada máis pisar a rúa apurei o paso en dirección ao Mercado Central, non quería arriscarme a chegar tarde á partida da caravana e que logo Gataparda me atormentara o resto do día. Uns minutos máis tarde entraba na praza maior onde se atopaba o mercado central. Desde esa mesma praza partiría a nosa caravana en menos dunha hora e xa estaban os trapeiros cargando as súas monturas cos seus fardos de mercancías. Crucei a praza sen determe a saudar pero contenta de as monturas foran cabalos e mulas e non uns malditos e insolentes xorobados.
No mercado busquei sen sorte a Puxeiros Roxo por todos os lados. Sorprendeume a súa ausencia, non era a primeira vez que me achegaba até o mercado a estas horas para conversar con el. Non tiña tempo para facer indagacións así que optei por deixarlle unha nota sobre a bancada do seu tenderete.
-Partimos Gataparda máis eu. Expedición aos Penedos da Moo. Caravana de trapeiros. Indicios de que Hocus Pocus está viva nun poboado desa rexión.- Se Puxeiros Roxo chegaba a ler a miña nota agardo poidera desculpar a miña escritura telegráfica.
Unhas 90 persoas e 150 bestas conformábamos a caravana. Aparte do clan dos trapeiros só íamos nós e un pequeno grupo do que non coñecíamos nada e que se unira á expedición esta mesma mañá. Sucedéronse os días, o ritmo non era alto pero estábamos en marcha desde que empezaba a clarexar o día até que a escuridade non nos permitía manternos no camiño. Só cando o sol estaba no máis alto os trapeiros se permitían un breve descanso para xantar. Pronto deixamos atrás o verxel das gándaras que formaban os remansos do río do Norte e adentrámonos nun interminable páramo yermo apenas salpicado de raquíticas herbas. O paraxe era tan indómito que resultaba intimidador. A decimo cuarta noite despertounos unha algarabía tumultuosa entre o clan dos trapeiros. O grupo de descoñecidos desaparecera da faz da terra non sen antes darlle un bo pellizco aos víveres. No medio do alboroto non fumos capaces de entender o alcance do sucedido. Non lle dimos maior importancia e volvimos a acostarnos buscando reposo para os nosos extenuados corpos. A mañá seguinte non foi necesario indagar sobre o ocurrido, aínda estábamos desperezándonos cando se presentaron ante nós os xerifaltes do clan. Non era doado entenderlles pero entre todas fumos cazando as palabras comúns entre a súa xerizonga de trapeiros. Os fuxidos apenas robaron víveres, pero antes de desaparecer a emprenderan a coitelazos cos odres de auga.
-Farfolla, farfolla- repetían como un salmo o resto dos trapeiros que formaban a comitiva.
Metade con palabras, metade con signos fumos comprendendo as consecuencias da sabotaxe. Os trapeiros tiñan que modificar a súa ruta cara o nornoroeste na procura de auga. Non deixaban de repetir a palabra “farfolla” unha e outra vez, insistindo en que estaríamos en grave perigo se continuabamos continuabamos soas o camiño cara o nordeste. Indicámoslle que necesitábamos uns minutos para deliberar e apartámonos formando un corro cos membros da nosa escolta. Brincadeira, a máis nova e vivaracha da escolta, lembraba escoitar a súa avoa chamarlle farfollas aos embustes dos timadores. Non fixo falta verbalizalo, todas entendìamos ao perigo que nos expoñíamos ao seguir soas de ser certo o que suponíamos, que todo era unha manobra para separarnos do grupo e tendernos unha emboscada nalgures.
– Imos tomar a decisión entre todas-, e dito isto apremieinas a compartir a súa opinión. Foi inútil, aferráronse ao seu adestramento militar e ao instante se cadraron detrás do seu brigada, quen non defraudou o espíritu marcial do momento. -Será un pracer morrer loitando baixo o voso mando- dínoslo cunha mirada penetrante e nun tono que non albergaban dúbidas do seu ofrecemento a continuar a misión, pero a súa rotunda negativa a participar nunha decisión que corresponde ao mando.
Cun imperceptible suspiro acompañei a miña constata cien de que para mudar as cousas ía ser necesario algo máis que o meu voluntarismo. Xireime cara Gataparda na procura de algo de sensatez, pero atopeima devolvendo o saúdo militar enardecida polo que acababa de escoitar. -Non se diga nada mái- sentenciei lucindo o meu mellor sorriso, pero deixeinas coas gañas de verme corresponderlles ao súa marcialidade marcando o puño. Cancelar a misión e regresar non era unha opción despois da demostración de ardor bélico.
O certo era que cambiando a nosa ruta para manternos ao socaire da caravana de trapeiros perderíamos case unha semana e igualmente correriamos o mesmo perigo unha vez que os nosos camiños se separaran.
Non tiña dúbidas de que íamos ser atacadas, nin tampouco da pericia militar das miñas compañeiras para saír airosas dunha encerrona, pero eramos tan poucas que calquera enemigo se crecería ante un número tan pouco intimidatorio. Só era cuestión de tempo saber onde e cando nos estarían agardando.
Continuamos a nosa ruta sen cruzar máis palabras, aguzando o oído ante cualquier chasquido e pedentes como panoptes do noso entorno. Adoptamos as medidas de manual, íamos en tres grupos separados pola máxima distancia que alcanzaba a vista e todas as noites ao acampar cavábamos trincheiras e improvisábamos sacos térreos cos odres que ían quedando baleiros.
Ao décimo octavo de marcha sobreviu o ataque cando a noite era máis escura e silenciosa. A primeira en decatarse foi Gataparda, comezo a darlle pábulo ao runrún sobre os seus poderes sobrenaturais.
Agardamos até estiveran preto para realizar a nosa primeira descarga. Estaban tan confiados na súa superioridade numérica que achegábanse en tropel sen guarnecer os flancos. – Cinconta e tres. Só dous armas automáticas lixeiras. Treinta portan fusiles e o resto armas brancas- detallounos con precisión Gataparda mentres eu forzaba a vista para discernir algo que non foran sombras.
Cando estaban a menos de cen pasos Gataparda deu a orden de abrir fogo. Como predixo a nosa Atenea a horda apurou o paso intentando acortar a distancia antes de que recargasemos as nosas armas. Pronto decatáronse do seu erro, en apenas uns segundos os seus corpos foron o destino da nosa segunda descarga moito máis pechada e numerosa. Aínda seguiron avanzando uns pasos máis até que a terceira descarga aclaroulles, aos que aínda estaban con vida, que eramos bastantes máis dos que pensaban e que ademais contábamos con armas automáticas. A horda enmudeceu, o seu anterior griterío envalentonado polo o seu maior número deu paso a unha silenciosa desbandada. Gataparda encabezou un pelotón perseguendo aos enemigos fuxidos e rematando aos caídos. Eu non quería volver a participar na caza ao home pero non me opusen a acción. Non era necesario ser unha consumada mestre no arte da guerra para saber que si deixábamos reagruparse ao enemigo, este aínda contaría con forzas suficientes para atacarnos de novo e desta volta serían moito máis precavidos. Busquei a Puxeiros Roxo quen tamén se quedará na nosa posición sen participar na truculenta acción. Abraceime a él como se fora o meu finado pai. Desde que nos deran alcance a pasada noite non tiveramos tempo de cruzar máis cun saúdo polas presas para pór en práctica o ardid de Gataparda. O Roxo coa súa decena de milicianos ben pertrechados se mantiñan a distancia de día e logo se unían a noso campamento na pechada da noite. Providencial a súa chegada, non houbo que agardar moito para pór en práctica a exitosa treta.
Cando regresou Gataparda, unha mirada aos xestos de admiración do pelotón que a acompañará me sobrou para riscar mentalmente unha X na casilla de misión cumprida. Pero o alborozo durou pouco, na refriega varios disparos alcanzaran varios odres de auga. Unha dor punzante na gorxa sería compañeira inseparable das nosas peripecias nos vindeiros días.
Hoxe, os fragmentos da lúa brillan máis prístinos que nunca mentres ao meu redor todo volve ser barro de sangue.