A inxenuidade mata
(Este trixésimo sétimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana).
ChámomeSenlúa é son punta de lanza do panarreanismo para que a irmandade impere na Terra, almenos no anaco de terra habitable que nos resta despois da hecatombe.
Agardábamos unha resposta refractaria da maior parte da poboación de Vilania ante a nosa intención de plantarnos como un só pobo diante do exército de Arévalefica para que entregaran as armas a cambio dunha aperta e un clavel.
Non foi así, inesperadamente a poboación comulgou coa nosa aspiración con tanto empeño na empresa coma nós. Contábamos co férreo apoio das familias aparceiras, pero foi a insospechada intervención de Terranova a que decantou a indecisos e refractarios a unirse á marcha pola paz e a irmandade.
Terranova convertírase no voceiro do consello cidadano que gobernaba a capital coa nosa colaboración. Pero o afecto da poboación gañarao moito antes da nosa chegada a Vilania. Durante o reino do terror, el e a súa familia foron dos poucos que auxiliaron as familias que caían en desgraza na Colmea e eran represariadas. Chegaron a crear unha rede clandestina de acollida para as crianzas que quedaban desamparadas ante a perda dos seus pais a mans do terror.
Dous decenios longos de terror desbocado deixaron poucas familias sen alcanzar por algunha das innumerables purgas ou progromos. Raro era o cidadano de Vilania que non debía a súa supervivencia en parte a rede de irmandade creada por Terranova. El e a súa familia viviron anos en vilo agardando día tras día que o terror petara na súa porta. Non foi así, que a delación non os marcara alienta a esperanza na redencion da humanidade.
Recoñezo a coraxe e tesón de Terranova e da súa compañeira Verdecer, pero a súa presenza sempre me xeneraba sentimientos encontrados. Lembro sendo pequena as longas sobremesas discutindo a parella e o meu pai, sempre co pragmatismo da miña nai intermediando. Ambas parellas se profesaban unha gran amizade cimentada nos alicerces ideolóxicos que compartían. Coincidían no mesmo horizonte e incluso no camiño para acadalo, pero non na “velocidade de aproximación” como lle chamaba o meu pai.
Terranova sempre lle recrimaba ao meu pai que impulsaba os cambios con demasiada celeridade, “para ir lonxe hai que ir paseniño” repetía sempre despois de cada argumentación. A parella compartía o medo por unha reacción involutiva promovida por los xerifaltes militares que veían desgranarse o seu poder a prol da federación de comunidades campesiñas.
Meu pai sempre lle afeaba a súa obsesión polo ruído de sables e que non se decatara de que ir máis despacio sería defraudar aos que necesitaban o cambio para escapar do sufrimento e a opresión. Sempre se escudaba en que a impaciencia xeraria frustración entre os mais exaltados arrastrando aos descontentos. Lembro ao meu pai ladeando a cabeza e asegurando que o peor que podía suceder era unha fenda na fronte común.
Semella que a historia declarou un claro vencedor de aqueles acalorados debates. Alomenos iso creía eu até que uns días despois de liberar Vilania me reuní con Terranova e Verdecer. Recoñecín á avellentada parella entre os primeiros habitantes que nos acolleron con vítores e non me demorei en visitalos na súa casa.
Amolábame ter que admitir o erro do meu idealizado pai. Non era doado, pero, de asumilo, que mellor que ante Terranova e Verdecer. A miña nai contárame que ambos organizaron o éxodo para fuxir da barbarie asesina do alzamento militar. No momento da partida non apareceron, no seu lugar miña nai recibiu unha misiva deles.
Na carta de despedida se laiaban de ser culpables do axustizamento do meu pai por ter disentido con él abertamente nos días máis convulsos que precedieron á algarada militar. Querían redimirse arrogándose a máis que temeraria misión de organizar a resistencia dentro da Colmea.
Así, con máis pretensión de expiación que dun obxetivo concreto, foron argallando unha rede de solidaridade entre represariados que proporcionou apoio aos disidentes da Colmea para fuxir do terror e engrosar as filas do exército rebelde.
Chamei a porta da súa casa con certa inferioridade moral, pero coa certeza que nos corazóns de aquela parella flameaba o mesmo ecosocialismo que guiaba o meu andar.
Non había soberbia nin altanería trás aquela porta. Dúas décadas arriscando as súas vidas e aínda non atoparan acougo pola morte do meu pai. Aquelo sobrecolleume, as bágoas afloraron nas facianas e balbucei unha especie de perdón sen perdón. Non había nada que perdonar, mais ben que admirar, pero eles necesitaban que eu os exonerara da súa autoimposta carga.
Alporizáronse sobremaneira cando para descargar as súas conciencias espuxen que quizás o meu pai fora un chisco irreflexivo ao impoñer un ritmo frenético na reforma social. Contrariamente ao que esperaban, chegaron a regañarme polas miñas afirmacións de tal xeito que prenderon de vermello as miñas ourellas.
Segundo eles o alzamento militar ía suceder igualmente independentemente do ritmo dos cambios. O gran erro foi pensar que os privilexiados ían ceder ante unha democracia radical sen loitar para perpetualos. Por esa inxenuidade perderon a vida moitas compañeiras e compañeiros bos e xenerosos, me recalcaron con pesar. Eles foron testemuñas de excepción da interminable lista de asasinados nas décadas de terror da Colmea. Aínda non atopaban unha explicación de porque os seus nomes non engrosaban esa listaxe de represariadas.
Demorámonos varios días en pertrecharnos para a viaxe ate Sebastopol para enfrontarnos ao exército de Arévalefica. Aínda a paso pouco esixente non nos levaría mais de catro xornadas de andaina, pero ante a multitudinaria participación necesitamos avituallarnos de máis víveres dos que detentábamos.
Partimos con paso alegre marcado por cánticos populares que narraban antigas desputas. O cansanzo foi enmudecendo as gorxas e escamoteando o ardor. Apenas levabamos unhas horas de andaina cando apareceu un correo enviado por Gataparda. O estado da miliciana era lamentable, tivemos que agardar a que repousara á sombra e se hidratara antes de poder escoitar a súa mensaxe.
As novas non podían ser máis desalentadoras, o batallón de Gataparda caera nunha encerrona e estaba acorralado nos médanos ao norte de Sebastopol. Solicitaba reforzos urxentemente.
Ainda non me tiña reposto da nefasta nova e xa se agolpaban ante min ducias de milicianas voluntarias para rescatar a Gataparda e o que restara do seu batallón. Ate a mesma miliciana que nos trouxera a petición de auxilio intentou erguerse sen éxito para acompañarnos. Coñecía ben o territorio dos médanos, non facía falta esixirlle mais a nosa maratón.
Saímos presto!