O Servizo de Normalización Lingüística recibe unha achega da Deputación de Pontevedra

Deputación de Pontevedra A Nova Peneira

O BOPPO publicou a concesión dunha axuda de 20.000 euros –a máxima contía para estas subvencións– ao SLN para o seu reforzo e mantemento

Redondela, 26 de agosto de 2021

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou, o pasado 11 de agosto, a concesión dunha axuda ao Servizo de Normalización Lingüística de Redondela por importe de 20.000 euros –a máxima contía para este tipo de achegas– para o seu reforzo e mantemento.

Ademais de Redondela, tamén se beneficiaron outros seis concellos da provincia desta convocatoria que tamén contempla liñas de axuda para actividades de dinamización por parte dos concellos e de entidades culturais sen ánimo de lucro.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, quixo agradecer a axuda da Deputación que pon en valor “o traballo do SLN de Redondela e do seu persoal a prol do espallamento e potenciación da nosa lingua e a nosa cultura”. Rivas lembrou que Redondela “foi sempre un referente a nivel Galicia no uso do galego e na defensa do noso idioma como elemento de reafirmación da nosa identidade como pobo”