Xoán Carlos González, “unha empresa realiza a limpeza de camiños non garante que se realice un bo traballo”.
Dende a organización nacionalista seguen con preocupación a contratación dunha empresa polo goberno municipal para a limpeza viaria. Consideran que deste xeito desenténdese das súas obrigas que a Lei lles outorga, “cedendo ás empresas a xestión de servizos que debería realizarse directamente dende o concello”.
Segundo expresan dende a formación nacionalista, o goberno municipal de Redondela toma iniciativas para valeirar de funcións e responsabilidades as súas competenzas. Negan que a xestión a traverso de empresas privadas mellore os servizos e sexan máis rendíbeis económicamente.
Pola súa banda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González expresa a súa preocupación polo aumento do gasto en privatización de servizos do goberno de Digna Rivas. “A limpeza de camiños debe ser un servizo prestado directamente polo concello”, afirma. “O cumplimento do prego do contrato non garante que a concesionaria realice un bo traballo”. Alerta que vai ser moi complicado poder exixir á empresa un bo traballo. Destínanse 900.000€ en dous anos para crear somentes once postos de traballo, durante seis meses.
O edil nacionalista amosa a súa estrañeza polo discurso contradictorio que emana do goberno municipal, onde por unha parte falan de falta de cartos e por outra conceden ás empresas inxentes cantidades do orzamento municipal para o seu negocio. “Só na contratación da limpeza de camiños, de praias e socorristas o concello gasta 600.000€ anualmente”.
Para o voceiro do BNG, é alarmante a continua privatización de servizos públicos en Redondela “. Considera “ilóxico” que sustituiran á encargada de vías e obras para realizar seguemento da limpeza dos camiños municipais por un auxiliar administrativo. Xoán Carlos González empraza á alcaldesa Digna Rivas “a retomar as súas competenzas sen ter que acudir á contratación de empresas alleas aos intereses dos veciños e veciñas”