
A Confraría de Redondela volve extraer vieira da enseada 2 anos despóis.
Esta campaña farán unha pequeña extracción de 4 días dende o 27/03/2023 ata o 30/03/2023 cunha previsión de 4800kg.
A extracción será realizada por 3 embarcacións da Confraría de Redondela cun tope de 400kg por barco.
Este ano as descargas faranse no Porto de Vigo entre as 13:00 e as 14:00 horas.
Traballarán coa nova planta evisceradora autorizada que acaba de abrir a empresa Artesa Rías Baixas, S.L. en Barro –Meis (Pontevedra), sendo os primeiros en eviscerar vieira con eles.
As esperanzas son positivas e esperan que se poida recuperar a extracción deste produto tan característico de Galicia, dunha forma máis constantepara futuras campañas e seguir na liña de poñeren valor a gran variedade e excelentes productos da Enseada de San Simón