
O pasado domingo 26 de setembro o Colectivo Artelixo participou por terceira vez nunha limpeza simultánea promovida por Adega , un acto sen dúbida colectivo e popular como condición sine qua non.
A primeira fora na praia de Cesantes, nesa ocasión o propio certame do ARTELIXO 2019 , xirou en torno ó mar e o descubrimento das bágoas de serea , eses micro plásticos que os peixes confunden con alimento e que seguindo a cadea alimenticia acaban no noso organismo
A segunda ocasión foi no paseo do río Mazeiras, e tamén aproveitamos daquela para que a expo de Artelixo21 xirara o redor dos ríos, aínda hoxe , podedes ver a obra que indultada, ( tódolos anos seleccionamos unha obra que non recollemos ata que aguante en condicións ) alí mesmo, o comezo do paseo do Mazeiras , escultura do colectivo Koebra, ( Sonia Miguez e Kiko Amoedo), feita cos refugallos atopados na propia recollida e que emula, como se pode apreciar, unha troita xigante e a carga de merda que deben sortear e soportar estes peixes.
Nesta ocasión, a que nos ocupa , a acción medio ambiental foi no Rio Pexegueiro, no tramo dende o instituto Illa San Simón, ata ben pasado o campo do Choco. Retiráronse, neste proxecto , MOLLATE POLOS RIOS , mais de 1000 quilos de refugallos , entre os que destacaron: cascallos, plásticos e ferralla.
Mais todo isto non servirá para nada senón conseguimos, o verdadeiro obxectivo do colectivo, concienciar as veciñas e sobre todo as institucións, para que sexan estes últimos os que se ocupen de maneira sostible de preservar os espazos públicos e os bens naturais. E o fagan, dende logo coa formación e información precisa , sen pretender nada máis e nada menos que o mantemento destas marabillas , verdadeiras herdanzas que temos a obriga moral de deixar os que nos precedan.
Temos que dicir, por que é xusto , que a disposición do Concello de Redondela a colaborar con estas iniciativas foi a acaída, tanto na limpeza do rio Mazeiras como nesta, ofrecendo a nosa disposición as ferramentas de patrimonio público que precisamos , colaboraron na recollida e ocupáronse da retirada o día seguinte con maquinaria municipal. Isto que pode parecer tan obvio e natural, non sempre se deu, xa que recordamos con tristura que na limpeza da praia de Cesantes, naquel 2019, no que gobernaban outros, tivemos que meter varias reclamacións por rexistro para que se dignaran, mais de un mes despois, a retirar un saco de escombro depositado no camiño do Esteleiro. Os papeis deixan constancia, e a verdade só ten un camiño, isto non é un conto de Carballos que teñen fillos despois de mortos, nin de inauguracións e accións que non recordan nin os que estaban presentes, isto é tan real como a merda que quitamos dos Rios.
Agradecer a todas as persoas que se achegaron a compartir con nos esa maña de Domingo