Contentración en apoio do Cabo Redondelán

Contentración en apoio do Cabo Redondelán A Nova Peneira
Marcos Santos Artigo opinión a Nova Peneira
Marcos Santos

O pasado 5 de xullo, convocadas polo colectivo republicano de Redondela, máis de medio cento de persoas concentrábanse na entrada do concello da vila dos viadutos, en apoio do seu veciño Marcos Santos Soto. Como seguro saben, Marcos é un militar redondelán en activo que asinou un manifesto contra a presenza do franquismo na forzas armadas españolas, en resposta a un texto anterior no que un numeroso grupo de persoas que tiveron relación co exercito, demandaban respecto á figura de Francisco Franco . Asinar un manifesto, contra o máximo responsable dun réxime ditatorial responsable de centos de milleiros de asasinatos extraxudiciais, debería ser un acto de normalidade, como respirar, beber ou amar, nunha sociedade sa e democrática, porén a Marcos tróuxolle moi serios problemas no seu traballo, ata o punto que na actualidade está mergullado en expedientes disciplinarios diversos, coa posibilidade real de que algún deles sexa resolto coa aplicación de serias medidas disciplinarias contra a súa persoa. O feito de que nin sequera cun goberno socialista, a ministra de defensa sexa quen de dar carpetazo definitivo e arquivar este disparate consistente en que protestar contra un tirano xenocida poida causarlle problemas xudiciais a ninguén, amosa que aínda queda camiño por percorrer para liberarnos dunha vez do franquismo sociolóxico. Todo o noso apoio e solidariedade a Marcos pola súa valentía.