Levamos pouco máis de un mes de lexislatura no concello de Mos e no partido socialista comezamos a traballar nas necesidades da veciñanza día a día, para o próximo pleno do mes de Xulio levamos unha moción para estudar o tráfico pesado na zona urbana de Puxeiros, en especial o que esta arredor do edificio de correos, facéndonos eco das reclamacións da veciñanza da contorna que solicitan o regulamento do transito de camións pesados que acceden o lugar Faquiña polo camiño do monte de Cabral. Soamente reclaman que no camiño do monte se limite unha tonelaxe máxima para que os camións deixen de usar o edificio coma glorieta, cousa que xa facían cando ese camiño estaba en obras e non se podía circular por el e se accedía polo acceso o lugar Faquiña sen ningún tipo de problema.
O concello de Mos é coñecedor desta situación pero ata o de agora a veciñanza non tivo resposta sobre as súas reclamacións, pero foi cando o partido socialista presenta esta moción cando responden que este tema esta en estudo, que non estamos o día e que dende Febreiro esta situación esta controlada, entón eu pregunto. Porque non se lle informa de tal estudo os veciños e veciñas da zona? Será que é outra desas tantas cousas pendentes que ten o goberno do concello de Mos no caixón mentres eles se dedican o circo nos medios.
E igual pasa con outras moitas necesidades que están esperando a ser atendidas polo concello de Mos. Alégranos saber que van ser arranxadas grazas as reclamacións do partido socialista como xa estamos comprobando, coma no caso da seguridade viaria na rotonda do cristo de Belén en Pereiras, onde os coches veñen a unha gran velocidade da rotonda do Costilleta e o partido socialista reclamou no rexistro do concello e nas redes sociais unha solución, días despois vemos coma o goberno estivo na zona facendo eco de unha serie de medidas entre as cales están as que o partido socialista lle reclamou.
Igual que neste caso os socialistas vemos de reclamar arranxos en camiños que precisan atención urxente, denunciamos vertidos de escombros no monte, reclamamos ter un mellor mantemento nos parques xa que é agora cando máis hai que ter estes lugares de lecer en condicións para a veciñanza.
E fixémonos eco do descoido do goberno cando se trata dos temas máis importantes coma pode ser a formación e o emprego da veciñanza de Mos. Neste caso foi cando descubrimos que se deixara de pedir dende o concello dous obradoiros da Xunta dirixidos a desempregados, un para persoas desempregadas de menos de 30 anos e outro para desempregados de avanzada idade. Cursos nos cales o concello non tiña nada máis que correr cos gastos de material para a súa realización e que a os veciños e veciñas desempregadas perderon a oportunidade de facer.
Pero non nos preocupemos que temos unha alcaldesa que a pesares de non preocuparlle os desempregados, non preocuparlle o estado dos camiños, que atende as necesidades da veciñanza cando se ve intimidada pola presión da oposición. Temos unha alcaldesa que non deixa de convocar a corporación a plenos extraordinarios para que os temas importantes se arranxen. Temos a fortuna de ter unha alcaldesa que defende a veciñanza “por enrriba de todo” e soamente se preocupa polo ben estar das veciñas e veciños de Mos mentres a oposición nos rascamos a barriga como ela pretende facer crer a unha veciñanza que cada vez esta máis farta dos enganos do goberno do Partido Popular.
Soamente quero dicir que o partido socialista, como se pode ver, si estamos traballando nas necesidades diarias dos veciños e veciñas de Mos. O goberno sabe perfectamente que pode contar co nos para que o concello mellore e sexan atendidas as necesidades que a veciñanza reclama. Pero non nos vai atopar nas súas batallas nos medios, nos seus circos para desviar a atención dos temas máis importantes que nestes momentos están esquecidos e non sabemos cales serán os pasos a seguir do goberno. O partido socialista de Mos temos moi claro que a nosa folla de ruta non vai estar marcada por un goberno o cal so pensa en facer a oposición cómplice das súas falcatruadas, pero esperamos que pronto se de conta que cando se trata de confrontar esta totalmente só.