Paco Ferreira Alcalde de Gondomar

Paco Ferreira Alcalde Concello de Gondomar A Nova Peneira
Verónica Costas A Nova Peneira
As entrevistas de Verónica : Verónica Costa

O problema do transporte en gondomar vaise arreglar cando os votos manden a Feijoo á súa casa, e fagan a Gonzalo Caballero presidente da xunta

O atomizado panorama político que presentaba a corporación de Gondomar no ano 2.015 deixou paso a unha cómoda maioría absoluta do partido socialista que fai de novo a Paco Ferreira alcalde do seu pobo, desta volta cunha situación aritmética moitísimo máis cómoda.

A ultima vez que te entrevistamos pedímosche un prognóstico para as municipais no Val Miñor e dixeches : eu vou estar na maioría absoluta ou rozándoa , Juan maioría absoluta con solvencia, e en Baiona o PSDG vai ser o mais votado pero vai precisar pactar para poder gobernar, un pacto con varios actores, desta volta andaches fino

O prognóstico político sempre obedece a determinados patróns sociolóxicos que en moitas ocasións se obteñen pisando o terreo e relacionándote coa xente que é sen dúbida o mellor termómetro para poder saber o que vai acontecer nos resultados electorais, malia que a redes tamén o son hoxe en día unha ventá importante para coñecer como están as cousas.

E ti es deses alcaldes que pisas o terreo?

Eu si .O hábitat dun alcalde debe de estra na rúa que é onde miras os problemas e as necesidades da veciñanza e tamén o avances que se van acadando

E sobre o terreo cales son as valoracións que observas da peonalización da praza Paradela?

Satisfacción absoluta e rotunda .De feito temos moitos comerciantes e veciños pedindo que espallemos o que fixemos na praza Paradela a máis zonas do noso Concello

Ides facer caso ás súas demandas?

Si, desde logo que si

Por exemplo?

Unha das obras que quero continuar e a da praza san Bieito onde esta o cristaleiro e a continuación desta rúa abordaremos Párroco Maríño.. , temos un montón de ilusións e de proxectos para mellorar o noso pobo

Esas son actuacións que tes pensado abordar neste mandato ?

Si , claro neste mandato

A oposición acúsache de que te centras no casco urbano, e tes ás parroquias abandonadas?

A oposición pode fabular o que lle pareza ,pero as veciñas e veciñas son conscientes de que o noso goberno actúa en todo o concello .Podemos equivocarnos claro, pero a miña vontade é actuar sempre de maneira equitativa e xusta, atendendo primeiro a quen primeiro o necesite, e no meu ánimo está mellorar e dar servicio a todos e cada un dos currunchos de Gondomar, desde a praza Paradela, ata o lugar máis recóndito de calquera das nosas parroquias

Que che pasa con Manuela que non lle deixas formar grupo municipal, teslle manía?

En absoluto, todo o contrario. Eu xa dixen unha vez no voso medio de comunicación que , desde a discrepancia ideolóxica, Manuela en particular e o BNG en xeral parécenme serios e coherentes, non van dando bandazos dun sitio para outro, como fan algúns. O que acontece é que eu non son ninguén para deixar ou non deixar que se formen grupos municipais. A min, como non podía ser doutra maneira non me queda outra que respectar o criterio obxectivo do secretario municipal, que coa normativa vixente na man, considera que cun só concelleiro non se pode formar grupo.

O voso concello ten regulamento que determine iso?. Coa lei na man iso que dis é discutible

Temos regulamento si, que non define moito nese tipo de cuestións. Como che dixen a decisión é técnico xurídica, en ningún caso política. Eu non teño ningún interese en que o BNG forme, ou non forme grupo municipal. A miña vontade é constituír un goberno sólido


Supoño estarás moi orgulloso do apoio tan grande que che outorgou a veciñanza de Gondomar que che fixo pasar de 4 actas a obter 9 e maioría absoluta .

Dicir orgulloso é pouco Verónica. Estou inmensamente honrado pola confianza recibida, e desde a humildade máis absoluta só podo prometer que nestes catro anos vou pór todo o que teño para tratar de responder ao enorme caudal de confianza, afecto e comprensión que recibo, día si e día tamén, dos veciños de Gondomar

Cales son as liñas de traballo maís salientables que pretendes desenvolver este mandato?

As miñas políticas son moi transparentes : o máis significativo para este mandato vai ser o desenvolvemento da urbanización do polígono da Pasaxe e o PXOM

O PXOM un problema histórico de Gondomar

Téñoo absolutamente claro, e este alcalde está firmemente comprometido co seu pobo para que o antes posible deixe de selo.

O transporte público segue a ser un problema grave do teu pobo?

O tema do transporte vai solucionarse no momento que o señor Feijoo non estea no goberno da Xunta e sexa substituído por Gonzalo Caballero. Ao día seguinte de ser elixido un presidente socialista temos arranxado automaticamente ese problema. A Xunta abafa cos concellos pequenos cos grandes como Vigo non ten valor

Cada vez ten máis concellos cos que asañarse, porque o PP non para de perder poder territorial

Eu creo que non van ter tempo de asañarse máis, pronto haberá un goberno socialista na Xunta

Ves a Gonzalo como presidente da Xunta de Galicia

Eu miro na Xunta ao candidato socialista que ten todas as papeletas de ser Gonzalo Caballero, si. Un home moi preparado que será un excelente presidente

Cando esta entrevista vexa a luz, xa se terá celebrado o pleno de investidura de Pedro Sánchez, hoxe, non pintan moi ben as cousas, ti como o ves?

Eu nunca esperei nada de Podemos .O que si agardo é que aos poucos se vaian re configurando os espazos políticos cara ao escenario do bipartidismo, ao meu xuízo o máis desexable para a estabilidade e o ben común. En relación á túa pregunta, eu espero que non sexan necesarias unhas novas eleccións, sería un disparate.

Rematamos Paco, a túa carreira política remata en Gondomar ou tes aspiracións máis altas?

Non teño ningún interese en saír de Gondomar. Eu estou namorado do meu pobo, e a miña aspiración e transformalo en positivo de maneira radical, quero que o noso paso pola alcaldía deixe unha profunda pegada nas xeracións posteriores.