Fillos e Fillas da” pata fea” en Xordania superan o 338 mil , o único fogar que coñecen e a única terra que bicaron ,onde a alma senta comprometida alí rexéitalles o goberno e clasifícanlles como estranxeiros. as mulleres xordanas seguen loitando polos seus dereitos como o resto das mulleres do mundo , pola igualdade de xénero , por uns dereitos simples como transmitir as súas nacionalidades aos seus fillos e os seus esposos tanto como os homes xordanos. Segundo o constitución xordana que todos os xordanos son iguais mulleres e homes nos dereitos e deberes, pero a lei da nacionalidade xordana di o contrario en dar o dereito e o acceso á nacionalidade xordana, só aos fillos e esposas de homes xordanos e apartar o dereito das mulleres xordanas casadas con homes estranxeiros ,nin teñen o dereito para traspasar a súa nacionalidade aos seus fillos nados neste país. A campaña ¨a miña nai é xordana e a súa nacionalidade é o meu dereito¨ levan anos tentando a tomar medidas para loitar contra esta lexislación, e están a chamar moito apoio, é un exemplo da loita continua da muller. En 2017 o gabinete aprobou unha lei que permite aos fillos de xordanas estudar nas universidades públicas e ter un permiso de residencia anual e esa tarxeta é válida para traballar e licenzas e propiedade inmobiliaria. pero aínda así ata o 2018 só o 20% puido conseguila polos requisitos difíciles, como lles obligar abonar mil JOD nunha conta bancaria, e é difícil conseguilos nun país cun ingreso medio de 200 JOD. Un dos motivos e o máis importante segundo o goberno e o rei de Xordania que non queren Xordania que converte nunha patria alternativa polos palestinos ,como é un país co número máis alto de inmigrantes palestinos. E é ridículo porque segundo o departamento de estatísticas xordana que o número dos homes xordanos casados con mulleres palestinas supera o número das mulleres xordanas casadas con homes palestinos. Ademais, un home casado con catro mulleres e ten fillos, ten todo o dereito traspasar a súa nacionalidade ás súas mulleres e os seus fillos. Entón este ¨dereito para volver a palestina” suponse que é só valido cando achegamos e falamos sobre o dereito da muller, é dicir finxir que están a protexer unha causa encima das costas das mulleres. Eu mesma son filla dunha muller xordana nada en Xordania e non teño nin a nacionalidade e tampouco ningún dereito en Xordania, despois de 70 anos palestina segue ocupada eu e miles mais non coñecemos outro fogar, un país que nos deu patadas e trátanos a nós e as nosas nais como cidadás de segunda clase.
Artigos relacionados
Mulleres en Acción – Violencia Zero trae á Guarda a peza «Rosa» de Nuria Sotelo
29/07/2019
Redacción A Nova Peneira
Baixo Miño
Comentarios desactivados en Mulleres en Acción – Violencia Zero trae á Guarda a peza «Rosa» de Nuria Sotelo
O vindeiro xoves día 1 de agosto a Praza do Reló da Guarda acolle unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda […]
Amelia Tiganus na Guarda
O pasado 13 deste mes, a activista Amelia Tiganus estivo no centro cultural da Guarda impartindo a conferencia titulada “VIOLENCIA SEXUAL COMERCIAL, PROSTITUCIÓN E PORNOGRAFÍA” […]
A asemblea feminista Paxaretas de Redondela
26/07/2019
Redacción A Nova Peneira
Redondela
Comentarios desactivados en A asemblea feminista Paxaretas de Redondela
Asamblea Feminista paxaretas, convocou unha concentración na praza do Concello de Redondela en solirariedade coa víctima da manada de Manresa […]