Posiblemente cando os lectores da Peneira lean este título, pensarán que vou a falarlles da obra de teatro de Ánxel Fole, que algúns leemos e representamos no teatro aficionado na nosa xuventude. Pois non, vaia que non. Fai xa un par de semanas en que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, escribiu un artigo no Faro de Vigo, onde nos falaba do Pacto do galego. Este home, mal político, que non se atreveu a manter un debate nas eleccións autonómicas, coa oposición, diche unha serie de tonterías e case nos bota a nós a culpa, do perigo de extinción do galego. Postos a buscar culpables, todos somos culpables de consentir. No mesmo xornal e no mesmo día, na outra esquina do xornal, o Presidente da Real Academia Galega, dicíanos o mesmo con diferentes palabras. Hai concubinato nas ideas. As institucións da lingua e da cultura, facéndolle o xogo o poder. Que podemos facer contra este atranco?. Os artistas, facendo fila por si puideran ser dos elixidos para expoñer nalgunha galería no mundo. Hai unha grande necesidade de venderse. Só un home se enfrontou ao poder. Xosé Luís Méndez Ferrín, cando foi Presidente da Academia Galega da Lingua. Claro está, sacárono de diante. Foi o poder. A maioría dos escritores galegos son nacionalistas, pero cando lles dan un premio Nacional en Madrí, voan máis que corren. Agora caeunos unha asociación de escritores galegos en castelán. Vaiche boa vilaboa. Dá para chorar…
O meu pensamento e a miňa gratitude está na memoria do escritor Augustín Fernández Paz, que en Novembro do 2012, rechazou o premio da Cultura galega das letras, por coherencia lingüística. Moi poucos intelectuais se atreverían a ter esa postura. Sobre todo por renunciar o premio metálico. Se un partido como o que nos goberna ( PP ) que dende as súas raíces, votou sempre contra a autonomía. As súas estratexias, ten que ser, arruinar o proxecto. Poden chamarlle como queiran pero é o que temos. Non son negacionista, pero é o que nos espera. A dereita e, en algúns casos xunto co PSG. Deixarán a Galiza sen lingua. Hai un terceiro atranco que non ten que ver coa escola nin coa política: Os galegos, nas súas casas, na crianza dos seus fillos e dos seus netos, só lles falan castelán os rapaces e rapazas. Iso quere dicir que ese complexo sigue existindo. Sinto envexa dos cataláns e dos vascos que atopas polo mundo e escoitas como os seus fillos lles falan na súa lingua. Xente a o lonxe que saben moitas máis linguas e que entre eles falan a súa propia. En moitos centros galegos do mundo, os galegos falan entre eles o galego, pero cando se achegan os seus fillos, cambian a lingua e fálanlle só castelán, non vaia a ser que cando vaiamos á terra de vacacións non se den conta de que somos emigrantes triunfadores. As miserias parecen fantasías pero son reais. Pasou onte e sigue pasando hoxe. En Galiza o poder eternizouse. Poden cambiar de siglas, pero son os herdeiros dos caciques de onte. Por iso penso que eses malos políticos para Galiza, teñen que ter PAUTO CO DEMO.
Francisco Álvarez Koki
Nos Eidos de Salcidos. Setembro do 2026

