Eduardo Mariño, estudante de políticas

Está a xuventude desconectada da política, ou é a política a que non se adapta ao que pide a xuventude?

Hoxe en día a xuventude di non sentirse representada por algún partido político, pero porqué pensa isto a mocidade?

Boa parte dos xoves de hoxe en día non se senten representados politicamente, problemas como o aceso a vivenda, a subida dos prezos, a dificultade a hora de moverse, e a pésima educación entre os políticos e a gran dificultade de acordo levan a que a nosa xuventude hoxe en día non se sintan representados politicamente.

En primeiro lugar temos o difícil aceso a unha vivenda hoxe en día, os datos da INE en 2025 é que o 67,1% das persoas de entre 18 e 34 anos vive cos seus proxenitores. Entre os mozos de de 26 a 34 anos o 47,3% din vivir cos seus pais xa que non poden permitirse alugar unha vivenda, debido ao alto prezo desta ou comprar unha casa.

En segundo lugar a subida dos prezos nos últimos meses dificulta ese aceso a vivenda, xa que os salarios non subiron moito en comparativa coa subida dos prezos no mercado o que dificulta un aforro a final de mes, a xuventude incluso tendo traballo non conseguen aforrar a final de mes para poder comprar ou alugar unha vivenda. Segundo a INE aumentou un 2,7% de media os gastos relacionados con vivenda, electricidade ou gasolina.

Por outra parte os xoves de hoxe en día no noso país participan activamente en folgas e manifestacións, o Informe de Xuventude en España en 2024 afirma que o 55% da xuventude teñen algún tipo de interese pola política, de feito o voto hoxe en día é de un 62,2% e a participación dos xoves en folgas de 2021 a 2024 pasou de un 22,5% a un 41,2% e nas manifestacións pasaron de un 21,2% a un 39,4%.

Entón, nos facemos unha pregunta, realmente a nosa xuventude esta perdendo o interese na política ou está participando de outra maneira nela?

A xuventude de hoxe en día ten unhas inquietudes e uns intereses, o problema e que a xuventude está participando na política pero doutra maneira, de maneira reivindicativa polos dereitos, xa que non se senten representados polos partidos democráticos do país e utilizan a forma de reivindicar como forma de participación política, para que os principais problemas que a este grupo lle preocupa sexa escoitada e estes problemas sexan solucionados, con unha mellor calidade de vida.

Desde o meu punto de vista, hoxe en día a xuventude sinte que non se lle escoita como deberían e optan por unha serie de reivindicacións para ser escoitados, parte da sociedade non entende porque a xuventude protesta tanto, pero a ben sinxelo de entender. Non fai falta irse moi lonxe para explicalo, en Santiago non se propón unha solución cando hai residencia para 1000 estudantes e ali estudando hai 20.000 persoas, encontrar unha vivenda compartida en Santiago é misión imposible, e se hai vivenda ten que ser compartida e moi por enriba do prezo medio, onde as familias non poden chegar a esa cantidade para pagalo. Moitos destes estudantes teñen que volver no dia a casa debido a que non hai vivenda, nin se liberan, nin se fan mais. Fia uns anos isto era impensable, e hoxe en dia é unha realidade e a única maneira de cambialo e a través das manifestacións e as folgas.

A xuventude é o futuro e non pode ser que este grupo este tan desatendido e se lle dea tan pouca voz, non é algo que se poida deixar pasar, é algo que se ten que solucionar o antes posible, para que a nosa xuventude teña os dereitos mínimos para poder ter unha vida digna.

En conclusión, non é a xuventude a que se afasta da política ou non lle interesa a política, senón que son os políticos e os partidos políticos os que se están afastando da xuventude, que se están esquecendo de servirlle os dereitos básicos a xuventude.