A NOVA PENEIRA

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Ten unha lingua, unha cultura propia que convida e implica tempo e dedicación, dende que Tino Lago a fixo embaixadora deste territorio quen non esquece as raíces, vinculándoas día a día, a esta terra de acollida.

Por sorte a temos, como un medio que nos achega a nós, política e culturalmente, – incluso gastronómica – coa súa literatura e a súa manifestación popular.

Por sorte, A NOVA PENEIRA, a temos como un medio que nos achega as súas diferentes actividades políticas e sociais recollidas no xornal dixital que cada mes a temos nas mans. Un feixe de artigos, colaboracións, imaxes, e noticias que cumpren unha nobre función: Informar, mantendo o mesmo tempo, o nexo de unión entre todos os que formamos parte dela. Aínda que avancen as novas tecnoloxías cada vez mais, e nos permitan de primeira man a puntual información de todo o planeta, e tamén de Tino Lago, no seu exemplar mensual, que ten un valor engadido.

Non é de agora, porque dende sempre, A NOVA PENEIRA, foi participativa nos grandes e pequenos acontecementos da vida. Eu agradézolle a súa labor, que cada día se fai mais grande, a medida que mostra o seu amor por ela.

Compráceme moito participar nela, porque serve para demostrar amizade e vínculos de unión, de opinión e de colaboración, e son unha abertura a vitalidade de cara a xente.

A NOVA PENEIRA, pola súa natureza xeográfica, conflúen culturas e xentes. E, esta auga mesturada, e unha compoñente política da filosofía que nos permite acoller as ideas e xentes procedentes doutros campos. Xentes consecuentes dun movemento social e cidadá.

Quero darlle as grazas a Tino Lago, pola oportunidade de facerme partícipe cos meus artigos de opinión, e o mesmo tempo, darlle o alento para continuar traballando na modernización de A Nova Peneira, para ben de todos.

¡Adiante pois! Con este expoñente na diversidade, política e cultural, aportando ese selo diferencial que puiden comprobar durante este tempo, no que se cambia con tanta frecuencia de ideas e pensamentos.