
Deconstruindo á raiña negra


Este trixésimo primeiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana
Non participei no borboteo de ordenes que proseguiu á fallida captura de Arevaléfica. Mantivenme ao marxe, illada do alborotado Consello, buscando unha saída do atolladeiro. Mandamos patrullas a todos os puntos cardinales coa esperanza de interceptala antes de que se reunira co seu exército. Non me opuse, pero eu sabía que todo era fútil, Arevaléfica fuxira hai días e xa estaría ao fronte do asedio a Anatolia devolvéndolle o xaque a Prusiana. E nós, que debiamos marcar a diferencia no conflito, estabamos prisioneiros da nosa conquista.
Non podiamos fuxir da nosa obriga de liberar aos habitantes de Vilania e coidar deles, alimentalos, manter o orden e restaurar unha democracia municipal. Non acometer estas tarefas sería unha derrota moral de consecuencias impredecibles. Arevaléfica endosáranos ao seu pobo, coma un peso morto, para dividir as nosas forzas. Non podendo acudir a socorrer ao exército rebelde, a Colmea tiña moitas posibilidades de perpetuarse infrinxindonos unha grave derrota, e quen sabe se definitiva, coa conquista de Anatolia.
As circunstancias nos superaban bloqueando unha decisión táctica coa que abordar racionalmente a situación. Non podía permetirme o luxo de seguir illada dos pormenores militares. Reuní ao Consello e despois de compartir a miña diágnose expúsenlles a miña proposta de acción.
-Benvida – susurroume Gataparda ao saír da reunión.
A mañá seguinte ela e Zafra encabezaban un batallón cos nosos mellores milicianos e armamento axeitado para hostigar ao exército da Colmea e dificultarlle o asalto a Anatolia. O resto coa colaboración dos aparceiros comezamos o despliegue para desterrar o terror de Vilania.
No asalto ao alcázar atopara no pasadizo de escape de Arevaléfica unha mochilas cunhas libretas. Eran uns cadernos cheos de anotacións da propia Arevaléfica. Había sobre todo nomes e numeros soltos e frases incomprensibles fora de contexto, pero tamén algúns pensamentos ou desexos plasmados en parágrafos intelixibles. Segundo Areafina durante os anos de infancia que compatira con Arevaléfica non lembraba nada destacable de ela, era unha nena normal e anodina, algo retraida, pero sempre gregaria. En que momento aquela nena timorata deixou paso á abominación que era agora.
Desde que atopei os cadernos non me separei deles e cada rato libre que tiña adiqueime a lelos con fruición. Ansiaba atopar as craves da metamorfose entre aqueles deslabazados renglòns.
O que parecía a derradeira entrada nos cadernos deixárame desconcertada:
“Si, estou segura de que ninguén me recoñecería se me desfixera dos meus rechamantes atavíos e limpara o meu rostro de afeites. Si, poderia envolverme na fétida podredumbre do meu pobo e pasar desapercibida. Convertirme nunha palurda campesiña e ser rescatada por estos novos prometeos. Sí, claro que podería enganalos. Pasar o resto da miña vida cambiando cueiros e saudando cun sorriso bobalicón aos veciños. Volver a ser simplemente María, filla de Carasanta.”
Lonxe dun mutis polo foro Arevaléfica seguía na cúspide do seu imperio de terror. Só fantaseara con desfacerse da abominación. Que chegara a plasmalo por escrito no seu caderno era signifitivo de que non fora un pensamento fugaz. As contradicións bullian na súa cabeza, pero semellaba que apaciguaba os seus remordimentos facendo correr máis sangue.
O primer caderno contén datas e apuntes propios dunha axenda xuvenil de estudiante, agás unha breve reseña dun acontecemento protagonizado pola súa nai. Segundo Areafina, Arevaléfica sempre estivo moi apegada a súa nai na infancia, pero na pasaxe que narra parece que se abre unha fenda entre elas.
Creo que non erraría se fecho o acontecemento na vaga dos primeiros progromos despois do asasinato do meu pai. Na Colmea comenzaron as delacións e persecucións a calquera que se significara co movemento que encabezaba Puxeiros O Negro. Eu era moi pequena para lembrarme ben e ademais ás poucas semanas de comezar a represión emprendimos o éxodo cara a Raia do oeste. Daqueles tráxicos días gardo a tristura que todo o envolvía, o trasego de xente pola miña casa, as reunións a media voz e a fuxida apresurada deixando case todo atrás.
Segundo conta Arevaléfica no caderno, a súa nai delatara a unha veciña acusándoa de colaboración cos Puxeiros. Era unha muller que participara nos proxectos de agricultura comunal impulsados polo meu pai. Areafina contoume que a súa nai cria que o fixo por celos, aquela muller trabara amizade co pai de Arevaléfica quen era uns dos directores da loxística de intercambio de productos por alimentos entre a capital e as comunidades campesiñas. A muller foi prendida e encarcelada no frontón do barrio reconvertido en campo de concentración. Aquel xogo de pelota e parede causara furor na Colmea uns anos antes. As altas paredes das canchas deportivas serviron de improvisadas cárceres para familias enteiras mentres agardaban xuizo sumario.
Uns dias despois da delación da súa nai foi a propia Arevaléfica quen sinalou co dedo a unha familia veciña. No caderno reflexa que non descoñecía porque o fixo, non atinaba saber que lle impulsou a acusar xusto a aquela familia tan amiga dos seus pais e que tan ben a trataran sempre a ela. Detalla, no penúltimo parágrafo, como buscou axuda nun militar coñecido da súa familia que ambicionaba medrar no escalafón da Colmea.
A purga iniciada polo alto mando militar desatou unha avalancha de inculpacións que na maioría dos casos só buscaban satisfacer a cobiza e ambición dos delatores. A voráxine acusatoria arrastraba ate o mais honesto, moitos delataban a quen fora para demostrar a súa simpatía ao rexime e non ser eles os represariados. O alto mando desatara aquela tolemia para neutralizar a federación agrícola de comuneiros creada polos Puxeiros. O desenvolvemento exitoso daquela organización asemblearia de agricultores deixaba patente o superfluo que resultaba un mando militar.
Arevaléfica recrea nas derradeiras liñas o poderosa que se sentiu ao decidir sobre a vida do demais. Lamenta a perdeda do seu pai pero acusao de debil e traidor. Non ten mais palabras sobre a dor que causou destrozando aquela familia e a súa propia. Únicamente adica unhas liñas a expresar a súa satisfacción por atopar unha nova familia no recén creado batallón xuvenil de avespas da Colmea no que se integrou abandoando á súa nai.
Grazas aos recordos de Areafina puden encher os ocos e facerme unha idea aproximada do sucedido. A familia delatada por Arevaléfica eran parentes de Areafina. Nunca entendeu como puido facelo cando a súa curmá era a única da pandilla de amigas que se interesaba por Arevaléfica e procuraba integrala no grupo.
Aquilo destrozou a familia de Arevaléfica. O seu pai non aturou compartir fogar coa felonía e fuxiú da Colmea acompañando aos Puxeiros no seu éxodo a Raia do oeste. Teño que preguntar a miña nai se chegou a coñecelo.
Meses máis tarde foi apresada e axusticiada Carasanta, a nai de Arevaléfica, borrando así calquera vestixio de familia que a unira á comunidade. Areafina asegura que Arevaléfica pudo impedir a desgraza da súa nai. Na súa fulgurante ascensión no escalafón nas xuventudes da Colmea posuía xa a suficiente influencia para salvar a súa madre do suplicio. Areafina cre que foi a propia Arevaléfica a que propiciou a caida en desgraza da súa nai. Unha exhibición de lealtade ao rexime que foi pagada co seu nomeamento como comandante en xefe das escuadras de protección, a policía política que baixo o seu mandato faría do terror a seña de identidade do rexime.