
Manuel Alfonso Estévez
Fai un tempo quen isto subscribe, enviou o Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra, un escrito, como fillo da parroquia de Fornelos da Ribeira, do concello de Salvaterra do Miño, solicitando a concesión da Corporación Provincial de Pontevedra, do tramo de estrada que vai dende o final da parroquia de Moreira ata o rueiro de Carrascal, pasando polas Fraguiñas PO-403 sen uso oficialmente, pola nova desviación, como patrimonio local da mesma.
O mesmo tempo, solicitou dese Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra, a redacción dun “proxecto” dese tramo, como espazo público urbanizado e peonil, dende o antigo edificio do Sindicato _El Progreso_ ata o rueiro de Carrascal, pasando polas Fraguiñas, regulando beiras e o espazo público, con iluminación adecuada, rede de esgoto, xardineiras, árbores, bancos, etc.
Todo, destinado a espallamento público, mellorando as condicións Medio Ambientais, que ben se merece esta aldea esquecida de todos.
Tamén, o tramo que vai dende As Fraguiñas ata o rueiro do Casco, o mesmo tratamento, que ben podería ser bautizado como Paseo de don Rogelio Estévez Cambra, urbanizado e peonil, ata a Capela Santa Rosa, onde unha placa existente na citada capela di:
Nesta casa naceu don rogelio estévez cambra, ilustre fillo desta terra que emigrara a Bos Aires (Arxentina), sendo Notario, filántropo e defensor de Galicia, 1.866-1.939. CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO, 10 – 07 – 1.999.
A súa labor como notario, xornalista e escritor quedou gravada, en _Los Gallegos_, en Céltiga (Bos Aires).
En _La Noche __d__e San Juan_, tamén en Céltiga.
En _Rogelio Estévez Cambra_, editada polos veciño da Asociación veciñal de Fornelos da Ribeira.
Tamén, en _El Hidalgo Del Casco_ 1.886 – 1.939, asi como en _Bibiliográficos __d__e Escritores,_ da Grande Enciclopedia Galega (1.924 – 2.004)
En _Seudónimos_ de Enrique Santos Gayoso. No Concello de Salvaterra, na Revista de Manuel Chaves Pérez.
En _Cartas_, a Pedro Dorado. Gredos. Universidade de Salamanca. Concello da Cultura Galega; _Conflictos E Armonía_ en www.uniroja.es [5].
En _Naiciña_ (Nº 25 Bos Aires) do 10 – 01 – 1.926 .
_Federación Rexional __d__e Sociedades Españolas_, e _Grafoloxía __d__e Rogelio Estévez Cambra_, en A Nova Peneira, asi como no Departamento de Xustiza da República Arxentina.
_Galegos_, de Clodio González Pérez, sen esquecernos de _Política, Sociedade E Cultura_ no Suroeste Bonaerense.
En _Galicia Austral_, Emigración Galega na Arxentina.
E para poñer o punto final, O Emigrante Imaxinario, de Xosé Manoel Núñez Seixas, que tantos datos recolleu deste fillo de Fornelos da Ribeira.
Eu, como fillo de Fornelos da Ribeira e sobriño neto, recollo con ilusión todos estes feitos -posiblemente algún mais se quede no tinteiro -, que honra, a terra onde foi nado, a familia e a todos aqueles outros fillos que loitaron pola súa terra. E que A Nova Peneira A Nosa, recolle con toda simpatía. Para todos eles, vai tamén esta dedicatoria.