A alegría de vivir

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Con 94 anos próximos a cumprir, e atendido pola medica de asistencia familiar no Centro da Saúde “Pintor Colmeiro” de Vigo, dona Ángeles Laso Pavón, que cuida da miña saúde e me prolonga a vida, coa miña gratitude plena e sincera, lévame a escribir “a Alegría de Vivir”, e encontrar o camiño para alcanzar a felicidade da que actualmente dispoño.

O inferno xa está pasando, e sinto a alegría de vivir, dentro de min, grazas a profesionalidade deste médica, logo despois duna reflexión sobre os altos altibaixos dos meus longos anos, na procura da alegría de vivir.

Lémbrome do Himno Inmortal “Alegría de Vivir” emocionado cando o escoito porque nel, existe unha mistura de sensibilidade, paixón e procura inalcanzable de vivir, aínda que a canción sexa triste.

¡Cantas veces me pregunto que é a vida! Sen pensar que é un xogo dentro deste universo dinámico con “caos” e desafíos do dereito a vivir, a pesares de todo o que me permite manter os sentidos que me inundan da alegría da vida, que grazas aos tratamentos médicos aplicados pola médica, Ángeles Laz Pavón, me permiten gozar deste mundo de aparencias, manter os cinco sentidos que me enchen de alegría e de vida, nun mundo mais aló, das diferencias sociais, que nos reconcilian co nos mesmamente.

Hoxe, como onte, vivo nun mundo ilusionado nun mundo prestado, por non poder acadar a perfección que me guiou sempre. A “Ciencia”, neste caso, axúdame a desprenderme de falsas ilusións, do único valor, onde antes reinaba unicamente a “relixión”, que é a idea do Eterno Retorno, liberador, si acepto, o presente, e non poder elixir aquelo que te retorne a alegría de vivir, e desterrar aquelo que nos subliña a falsos ídolos, que non aceptan a carne, que somos e desterramos, aquello que non serve a vida, e aceptar o que sirva.

Non se trata de gañar ou de perder, porque a vida, en todo caso, non é mais que un xogo, e debemos amar o xogo en si. Non perder nin gañar, porque unhas veces gañaremos – como este meu caso – e noutros perderemos, non importando tanto o resultado como o atreverse a “aceptar” o resultado, que nos dan, sexa do xogo ou de bailar coa mais guapa, con un sorriso na faciana.

Ben é certo que, durante estes 94 anos aceptei a dor, o medo, a paixón e os desexos, e me quedei co útil, “a alegría por vivir”, que é o bo, evitando estas investidas da vida, porque entre o útil está en
servir a vida.

Agora, mais aló do ben é mal, xa non podo refuxiarme no “eterno perfecto”. Asi que a miña vida, a pesares das dores, da desorientación, se ergue observando con orgullo a beleza creada a partir de cada “caos” e a beleza que hai na nosa propia vida.

Atrás queda o ir mais aló do ben e o mal. Aquí está a miña vida, que recomendo a todos avanzando no valioso que é vivila con alegría, con amor e con un “sorriso no camiño”. Non é ningunha exhortación Apostólica, pois son agnóstico, senón e alegría que se vive en medio das pequenas cousas da vida. E, reservar tempo, aos que amamos as plantas, a lectura, a música… reactivando a alegría e reafirmando mais aló, das etiquetas.

Cumprir 94 anos é sinónimo de nada, nin de estrear nada, pero de aprender cada maña, o curso intensivo da vida, idade e matrícula.

Me queda a nostalxia poder abrazar e abrir espazos que manteñan viva este vivir a vida. Todos arrastramos feridas, incluso – antigas – e hai que practicar a gratitude, para ver o que xa brilla, dando grazas, pola mañá, co simple cheiro dun café. Vivir o presente, sen negar o pasado.

Pregunto: ¿Para que nos serve a alegría de vivir? Para moitas cousas: Primeiro, para recoñecer a alegría, con valor, dende o interior, creando un estado pracenteiro, de ser e estar.

Ter un impacto positivo na saúde, porque cando se sinte un gozoso, o cerebro libera endorfinas, hormonas que incrementan a fortaleza e minimizan as dores, aceleran procesos de curación, cicatrizan feridas, e melloran as relacións. Ademais, fortifica o sistema inmune, mellora o sono, tanto en calidade como en cantidade, e nos permite ver o lado bo que teñen tódalas cousas.

E, para terminar, a “alegría” nos libera, nos prepara e fortalece; nos permite voar coa imaxinación, inventando cousas novas, disolve rancores e resentimentos, e permite esquecer penas e sufrimentos, pero ¡Ollo! Porque cando esta “alegría de Vivir” se torna en euforia, deixa de ser “alegría” e se converte en un sistema de manía. Non debe confundirse coa felicidade, vinculada coa evolución racional da propia vida.