A primeira fin de semana deste mes de xuño na cidade de Telde, na illa de Gran Canaria, o equipo sénior feminino do balonmán Chapela disputou a fase de ascenso á división de honra B.O obxectivo das mozas bereteiras non era acadar o ascenso, malia que sempre queren gañar todos os partidos desde logo. Pero o número elevado de lesionadas co que afrontaron esta fase facía moi difícil a competición contra equipos poderosísimos. De feito o conxunto que logrou o ansiado ascenso foi o Balonmán Granollers, toda unha institución de enorme importancia no balonmán do estado español. No último partido da fase de ascenso que as nosas bereteiras disputaron contra as catalás as lesións deixaron ao equipo en cadro, pois só 7 xogadoras, as mínimas para artellar unha aliñación, estaban dispoñibles para xogar ese partido. En declaracións á Nova Peneira, María, a presidenta do equipo amosou a súa enorme satisfacción pola experiencia, novidosa para a maioría das xogadoras, así como o seu orgullo por poder levar as bandeiras de Chapela, Redondela, e Galicia polo mundo adiante. A presidenta do conxunto bereteiro quere agradecer tanto a Cies, o seu patrocinador, como ao concello de Redondela a súa axuda económica para axudar a sufragar os gastos da viaxe a Canarias, e manifestar a súa confianza en poder seguir contando no futuro coa súa importante colaboración.
Artigos relacionados
Suso e Marga de novo na Cova
A cova é un dos locais de restauración con máis historia, e máis encanto da nosa vila. Despois de 40 anos ininterrompidos no sector e de 17 coa cova , Suso e Marga, a parella que o xestiona, viron como as circunstancias da pandemia sanitaria obrigábanlles a facer un parón […]
Samuel Blanco ciclista de Chapela, campión de España da categoría elite
Samuel é un rapaz de Chapela, iso si fillo de redondelán, que acaba de acadar o campionato de España da categoría elite de ciclismo. Esta é unha categoría antesala do ciclismo profesional, o último chanzo ata competir contra as máximas figuras do pelotón internacional. A vitoria de Samuel é enormemente meritoria, pois o campionato supón unha carreira que se disputa xunto cos mellores ciclistas de España ao mesmo tempo. Computando o concurso dos profesionais, Samuel, obtivo un magnífico noveno posto absoluto. Talento de Chapela en estado puro, é Samuel. Teño a convicción de que pronto o veremos nas escarpadas costas dos Alpes franceses ao carón da elite do ciclismo mundial […]
X edición da “Motocallada” de Redondela
O vindeiro 27 deste mes de outubro os amigos e amigas do Moto Club Redondela farán a súa habitual festa de motos e callos que este ano alcanza xa a súa 10º edición […]