O acto de celebración de entrega de premios xuntou a máis dun centenar de persoas que aplaudiron ao alumando galardoado. Oito traballos, dos 30 presentados, levaron premio ou mención do xurado.
Un centenar de persoas acompañaron a cerimonia de entrega de premios do II Certame de Investigación en Ciencias Socias para Ensino Secundario “Redondela Investigada” o venres 12 de decembro no Multiúsos da Xunqueira a entrega de premios
O certame de investigación está organizado polo colectivo Sinerxías Secundarias, formado polos Departamentos de Xeografía e Historia dos IES de Chapela, Illa de San Simón, Mendiño e Pedro Floriani do concello de Redondela. Na intervención inicial de dito colectivo mencionouse a importancia deste certame como impulso do coñecemento da realidade social presente e pasada do concello de Redondela. Unha proposta que convida á visión crítica da nosa realidade máis próxima e a cultivar a curiosidade como fonte de coñecemento.
Os traballos gañadores son claro exemplo de consecución deste obxectivo. O xurado, conformado por docentes dos catro institutos, Carlos Antuña, do colectivo SEREN, e Juan Migueles, adminsitrador do blog de Historia local anecdotarioredonelan. O fallo do xurado salientou a calidade dos traballos así como a súa diversidade temática.
Na categoría das Penlas (1º e 2º da ESO) a proposta do certame era a de analizar fotografías anteriores ao séculos XXI. Dous dos traballos premiados centraron a súa ollada na paisaxe e os seus cambios e, outros dous, realizan un percorrido pola historia familiar. “Terra de beretes” traballo gañador asinado por Uxío Solla Amoedo do IES de Chapela, é unha mostra desta análise do espazo e a súa transformación.
Na categoría de Burras (3º e 4º da ESO) houbo dúas mencións especias e dous premios. Nas mencións, o xurado destacou a biografía a Ángel Barros, figura artística referente no concello de Redondela, e o traballo da historia familiar a través das embarcacións familiares, ligadas á Illa de San Simón, ao transporte de xudeus durante a II Guerra Mundial.
O segundo premio recaeu nunha análise da matrícula industrial do ano 1885 a cargo de Mario Gesteira do IES Illa de San Simón, que mostra unha inusitada precisión metodolóxica e unha análise multifactorial. O primeiro premio desta categoría levouno un traballo sobre a linguaxe das campás asinado por Paula Alfaya, Lucía Cabaleiro, Ana Fernández e Javier Alfaya do IES Pedro Floriani. Nesta investigación combínanase as fontes orais e o traballo de campo de recollida dos sons de diversas igrexas parroquiais redondeláns.
A categoría de Coca (1º e 2º de Bacharelato) concedeu dou premios. O 2º recaeu sobre un traballo de historia familiar que percorre o século XX realizado por Sara Lago Sánchez, Nicanor Lago Sánchez, Sara González Barros, Lucía Varela Soliño e Promethea Iñarrea Vázquez do IES Pedro Floriani.
O primeiro premio desta categoría foi para un traballo sobre a historia do tranvía en Chapela que combina diversas fontes documentais e escritas así como unha ampla base visual. A autoría é de Laura Villaverde García, Iria González López, Laura Fernández, Rodríguez e Ana Amelia Veras Sánchez do IES Chapela.
Todos os traballo premiados levaron un diploma e vale económico para investir en catro librarías do concello de Redondela. Os vales foron sufragados polos catro IES do municipio. Así mesmo, os traballos serán publicados no segundo número da revista “Redondela investigada”.
O colectivo Sinerxías colectivas está a organizar a 3ª edición do certame.
CATEGORÍA PENLAS (1º e 2º da ESO)
| PREMIO | TÍTULO | AUTORÍA / IES | COMENTARIO |
| 4º | Graciano e Elisa, unha ollada ao século XX | Rubén Durán, Mateo Fernandez, Pablo Durán e Sergio Montalbán do IES Illa de San Simón | Un percorrido pola historia familiar. |
| 3º | Que pasou en Santa Mariña | Antía Noche Barreira do IES Illa de San Simón | Unha análise dos cambios urbanísticos de Redondela mesturando fontes documentais de hemeroteca cunha visión crítica do paso do tempo. |
| 2 | Unha historia ben contada | Carla Montes Vidal do IES de Chapela | Realiza unha historia familiar combinando interesantes datos cun estilo literario ameno e intelixente. |
| 1º | Chapela, terra de beretes | Uxío Solla Amoedo do IES de Chapela | Unha análise en detalle da paisaxe e transformación de Chapela incorporando elementos toponímicos, demográficos e históricos. |
CATEGORÍA BUURAS (3º e 4º da ESO)
| PREMIO | TÍTULO | AUTORÍA / IES | COMENTARIO |
| Mención especial | Ángel Barros | Julia Castro Barreiro, Lía Carballo Abal e Marta González González do IES Pedro Floriani | Tratar unha personaxe da relevancia de Barros, historia viva a partir dunha entrevista |
| Mención especial | Os barcos da casa da Portela | Elba Ferreira Pérez do IES Illa de San Simón / Mendiño | Historia interesante. Fía a través dos barcos unha historia familiar. |
| 2º | Estudio das matrículas industriais de Redondela no 1885 | Mario Gesteira González do IES Illa de San Simón | Un traballo que bebe dunha fonte primaria á que se lle aplica unha metodolóxica refinada e unha análise profunda |
| 1º | O Último Toque… A linguaxe das campás no concello de Redondela | Paula Alfaya, Lucía Cabaleiro, Ana Fernández e Javier Alfaya do IES Pedro Floriani. | Destaca a orixinalidade da temática de recuperar unha linguaxe perdida e a combinación de entrevistas con exemplos dos propios son das campás. |
CATEGORÍA COCA (1º e 2º de BACHARELATO)
| PREMIO | TÍTULO | AUTORÍA / IES | COMENTARIO |
| 2º | A cara dunha xeración | Sara Lago Sánchez, Nicanor Lago Sánchez, Sara González Barros, Lucía Varela Soliño e Promethea Iñarrea Vázquez do IES Pedro Floriani | É unha abordaxe de historia familiar encaixada no discorrer do século XX. Destacando o tratamento da emigración |
| 1º | O tranvía de Chapela | Laura Villaverde García, Iria González López, Laura Fernández, Rodríguez e Ana Amelia Veras Sánchez do IES Chapela. | Encaixe histórico dunha infraestrutura esquecida en Chapela estudada dende a combinaciónd e fontes documentais e orais. Unha crónica do que foi este medio de transporte na parroquia de Chapela. |

Primer comentario