O BNG de redondela considera “un paso atrás eliminar as concentracións contra a violencia machista”

BNG A Nova Peneira

O Consello Municipal da Muller celebrado recentemente, recolleu entre algún dos puntos do debate por iniciativa da alcaldesa Digna Rivas, a eliminación das concentracións mensuais en contra da violencia machista. Segundo valora a concelleira nacionalista, Jessica García, “malia que respetamos a decisión deste órgano de participación, consideramos que se da un paso atrás na visualización do feminicidio”.

As concentracións que mensualmente se realizaban nas que se conxugaba o acto institucional, coa participación de vocalías da muller de asociacións veciñais, ou coleitivos que traballan no eido da igualdade, celebrábanse os primeiros luns de cada mes ás portas do Concello. “Para o BNG estes actos permitíanlle a moitas veciñas de Redondela vítimas do machismo e do patriarcado, que existe unha rede de apoio institucional e veciñal que as pode amparar, apoiar, protexer”, considera a edil nacionalista.

Segundo manifestou Yésica García, “o que máis nos sorprendeu foi que un goberno denominado progresista, presentara e apoiara a eliminación destes actos públicos. Pola nosa banda, dende o BNG, negámonos en rotundo a que estas concentracións desapareceran”, considerando que se trata dun erro gravísimo.

Na súa valoración, a edil nacionalista sinala elementos preocupantes loita pola igualdade entre homes e mulleres, nos que este goberno municipal incurre. “Por unha banda AER votou en contra de equiparar o soldo da alcaldesa ao do anterior alcalde de Redondela, recortándollo en 5.000€ anuais. Por outra, na programación de cultura, non se cumpre co criterio de xénero pois os monolguistas son todos homes”.