O alcalde da localidade, Carlos Gómez, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, asinaron un acordo de colaboración
Vigo, 9 de outubro de 2019
A finais de outubro comezao taller ‘Cultiva a Mente’, que ten por obxectivo a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez asinaron un acordo de colaboración para poñer en marcha na localidade o programa ‘Cultiva a Mente’, dirixido á prevención da deterioración cognitiva.A finalidade de ‘Cultiva a Mente’ é a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables, tanto a nivel cognitivo como emocional. Este programa desenvólvese a través de talleres, nos que se realizan diferentes exercicios de estimulación cognitiva. As sesións realízanse unha vez por semana e teñen unha duración de dúas horas cada unha.Estes talleres, que se imparten de forma gratuíta, comezan o 28 de outubro. Terán lugar todos os luns, de 17:00 a 19:00 horas no Edificio Multiusos Ángel Bedriñana.
Máis información e inscricións en Servizos Sociais do Concello de Baiona. Teléfono: 986 385 926 – E-mail: s.sociais@baiona.org