Extraterrestres en Fornelos da Ribeira?

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Parece ser certo que andan por aquí. Porque a humanidade está farta de buscar extraterrestres, e seguimos sen resposta. E moi común, que algunha civilización extraterrestre tivera algún subsidio especial para usar un entrecruzamento cuántico, para as longas distancias, e Fornelos da Ribeira, fora a encargada da sinal recollida. Porque parece inxusto que estrelas de forte radiación na vida, poidan tomar e quedar varadas nesta pobre aldea, con unha vida fráxil, e dende logo, sen especial aves xigantes, que puideran facer gala de seren extraterrestres. E, eu me digo, que dos catorce mil millóns de anos do universo, e posible que haxa habido vida, e vida intelixente que se achegara a Fornelos da Ribeira; agora ben, que coincidan co curto período tecnolóxico dos humanos e moi difícil, a non ser que sexa unha civilización tremendamente avanzada que haxa podido “colonizar” algunha zona do universo e sobrevivir por millóns de anos, as distintas catástrofes naturais habidas.

Si, existe un fenómeno cuántico, de enlace de dúas partículas polarizadas que cal quer que sexa a distancia en anos luz que as separen, si se altera a polaridade dunha, se altera a polaridade da outra. E por iso, o universo pode estar conectado coa nosa parroquia de San Xoán de Fornelos, dando paso a existencia dalgunha conciencia universal, sincronizada, que para algúns podería ser Deus. Vai ti a saber. . .!

A teoría do big bang, postula un punto de masa infinita perfectamente equilibrada na orixe do noso universo, e no noso tempo, que por algún motivo se desequilibrara e estalara, ou podería ser que ese equilibrio haxa sido un estado da materia singular, e nós, os veciños de Fornelos, sen saber moito, a temos en Fina de Fornelos, que canta como os anxos, sen darnos conta.

Home! Claro que debe haber vida fora do noso planeta Terra, pero vida intelixente, si queira na etapa da evolución, ou simplemente unha adaptación o noso entorno pero, Quen é o guapo que o sabe?

Asociar intelixencia con tecnoloxía e un erro común. Non estamos rodeados de vida intelixente, polo que se ve, e ademais, desenrolada tecnoloxicamente. Pero seguramente haberá algunha, tal vez moi lonxe no tempo-espazo, para nos descoñecida.

Eu agradezo A Nova Peneira, ¡A Nosa!, para que nos de unha explicación científica que nos explique si é válida,para despois de 50 anos atrás, un mesmo poida ver unha nave aterrar na propia aldea, e moitas mais, no 2.050 usando tecnoloxía diferente que non detectara o noso equipo de fútbol, El Progresista, F.C. que segue vivo dende 1.904.

A busca, se basea na vida extraterrestre intelixente, ou tal vez vida extraterrestre non intelixente, e que nos alegraría moito conseguir unha bacteria extraterrestre en Fornelos da Ribeira, que aínda que as distancias son longas entre as estrelas, con dificultades aparte, son ondas electromagnéticas de radio con interrupcións, que nos achegaran a parroquia.

Non descarto os extraterrestres no punto A, chegando a nosa aldea, dende moitos anos a, o punto B, e agora estean no punto E. o noso alcance espazo- tempo, pero, Ollo! Que non se esquezan nin do noso planeta nin do noso eido de Fornelos da Ribeira. Por si acaso!