Sempre no recordo

Xosé Vilas.


Hoxe non imos falar de ningún tema dos que habitualmente son obxecto dos meus comentarios, daqueles que acostumamos antepor as cuestións persoais ou que deixamos que teñan preferencia sobre outros sentimentos máis próximos e entrañables, dos que nos custa dar conta ou destapar, por un estraño pudor a amosar as nosas intimidades.

Nesta ocasión vamos a deixar que as emocións flúan sen contención e que se derramen libremente, dándolle a transcendencia o valor que, en moitas ocasións, deixamos aparcado, arrastrados polo materialismo que solen dominar as nosas vidas cotiás.

O pasamento dunha persoa sempre comporta unha alteración psíquica, porque a morte é, de todos os fenómenos naturais, o que máis respecto nos produce e aquel diante do cal, ata os máis esforzados e serenos, sentense incómodos e inseguros. Pero, cando se trata do pasamento dun amigo co que se compartiron moitas horas, durante máis de 35 anos de vivencias, conversas, impresións, momentos de depresión e outros de satisfaccións ou alegrías, fracasos e éxitos; xa non se trata da desaparición dun coñecido ou un familiar lonxano, cos que apenas se ten convivido, porque, como me pasou a min, coa perda do meu gran amigo Victor, o que un experimenta é a sensación de que, unha parte da vida che foi roubada, que aquela compañía dos xantares de cada certo tempo e das confidencias para recibir o seu consello, xa nunca máis vai a acudir a cita e que, por moito que o lamentes ou que o anheles, a implacable Parca xa fixo o seu traballo e nada hai, humanamente posible, para desfacelo

Os lazos da amizade, da desenteresada e gratuíta sensación de aprecio que se desprenden de anos de trato, de colaboración, de compartir ideais e de compenetración en todos os aspectos nos que as relacións humanas teñen ocasión de amosarse sen tapuzos, subterfuxios, dobres intencións nin hipocrisía algunha, coa claridade da verdade sen máis, a sinceridade espontánea ou a confianza sin ningunha clase de sospeita ou ambigüidade; foron a verdadeira guía que afianzaron, durante moitos anos, esta amizade que compatibilizaron os nosos respectivos compromisos familiares, os nosos traballos cotiáns e as imprevisibles incidencias que a vida nos ten reservada a todos, superando o que, en outro tipo de amizades máis superficiais, sole, en ocasións ser motivo de desacordos ou mal entendidos. Victor e eu nunca tivemos o máis mínimo motivo de enfrontamento, nin sentimos momentos de distanciamento nin moito menos, albergamos en ningún momento da nosa longa amizade, rancores ou sentimentos de rexeitamento ocultos.

Victor, o amigo , deixounos para sempre. Estou seguro que, se hai máis alá da nosa realidade mundana, outro espazo inmaterial, outra vida na que os homes bos e xenerosos se poidan reunir na paz e tranquilidade que axude a proporcionar o carecer das servidumes e os vicios que nos aportan os nosos corpos materiais, vai ser un agradábel compañeiro que, sen dubida, será ben recibido por todos, para formar parte deste mundo espiritual do que tanto se nos ten falado e do que, incluso por medio das máis modernas técnicas e inventos modernos, tan pouco se sabe ou, mellor dito, do que nada se sabe, senón que se nos tentou explicar a traveso de todas as relixións que, dunha forma ou doutra, tentan darnos confianza respecto ao que nos espera cando crucemos este limite, que acaba de traspasar Victor.

Estou seguro que nesta travesía que acaba de emprender o noso querido amigo a tripulación permita que, nesta nova nave na que acaba de enrolarse, siga gozando do consolo de terse gañado a amizade de tantos amigos, do recordo e amor dos seus achegados e do humilde recoñecemento daquel que, durante tantos anos, foi seu compañeiro neste mundo da camaradería, no que tan bos momentos tivemos ocasión de pasar.