Da inflación á estaflación
A actual crise de prezos non é un problema conxuntural na UE, senón que é xa un problema estrutural da economía da eurozona. Os últimos datos de Eurostat referidos ao mes de setembro non deixan lugar a dúbida: un 10% de inflación interanual na eurozona (a maior suba de prezos de toda a serie histórica) e unha inflación subxacente (a que exclúe enerxía e produtos frescos) que se situou na tamén cifra récord do 4,8% […]