Vigo, o latexo subterráneo
Álvaro Cunqueiro dixo aquilo de que Vigo foi fundada á beira dun verso de Martín Códax. Unha cidade fundada por un poeta que, ademais, deixou as súas creacións líricas vinculadas tamén á notación musical que conservamos. Dende que Martín Códax deixase para a historia as súas composicións medievais, son innumerables os creadores e as creadoras que desenvolveron e desenvolven as súas producións de xeito individual ou en colectivos e movementos artísticos, cun selo ou cunha sorte de marca de auga da ría […]