O BNG de Forcarei valora o último pleno do Concello

Logotipo BNG

Dende o BNG queremos mostrar o noso desacordo con que cousas tan importantes como os orzamentos ou un plan económico se fagan por parte de Belén Cachafeiro sen negociar, máis tendo en conta que o seu goberno saíu dunha moción apoiado nunha persoa tránsfuga do PSOE.

Ante esta falta de negociación hoxe non asistimos ao pleno.

Son temas de vital importancia que nos afectan a todos e deberían cando menos escoitarse as distintas opinións do concello e a representación de toda a veciñanza.

No referente ao orzamento é preocupante, con CERO inversión na maior parte das parroquias do concello ou insignificante na maior parte delas. Dende o BNG esiximos que se manteñan os viais das distintas parroquias, especialmente despois dun ano climático tan duro.

Por outra banda parécenos gravísimo que a xestión de Belén Cachafeiro nos leve a ter que adoptar un plan económico financeiro obrigados pola lexislación, a cal xa se coñecía no momento da presentación da moción de censura.

É inaceptable que a mala xestión a pague o concello coa venta dos seus bens. Dende o BNG consideramos inaceptable que para equilibrar os desaxustes desta nefasta xestión haxa que vender a xestión do circuíto da Magdalena en 50.000€, cando este non é deficitario.

Consideramos inasumible que os gastos do 2025 de Belén Cachafeiro ascenderan a 2.596.992,06€, e ese é o único motivo de que nos vexamos nunha situación de intervención do concello que imos pagar entre toda a veciñanza, e entre outros vai a supor a eliminación de toda axuda a entidades culturais, reducíndose 12.000 as axudas na partida de cultura por exemplo ou procedendo á venta do alumeado a unha empresa para que instale luces led e hipotecando o servizo.

Por último non compartimos que rematado o pleno se convoque outro pleno para tan só unha hora despois, esiximos rigor na xestión e o fin da improvisación, que tan cara sae á veciñanza.

Urximos un cambio de rumbo na xestión económica.

Roberto Jorge Correa.

Concelleiro do BNG

Primer comentario

Deixa a túa opinión