Xose Manuel Costas “Muxícas”
VALSE SUAVIÑO PARA ZANFONAS GALEGAS
É intención desta nova sección musical que aparezan pezas non só para gaitas senón tamén para outros instrumentos, como as zanfonas; para que teñamos novas fontes propias onde buscar melodías frescas que enriquezan a nosa proposta musical de raíz tradicional.
Como é o caso deste valse. Unha peza sinxeliña que serve tanto como exercicio para aprendizaxe como tamén coma tema de repertorio de calquera que desfrute de tocar tan fermoso instrumento.
É un tema de recente composición, do ano 2025, que mergulla na pracenteira sensación de verse inmerso nunha atmosfera amable e relaxada.
Para todos vós, velaí tendes o “Valse suaviño para zanfonas galegas”.

Primer comentario