BARBARIE & CIVILIZACIÓN

Paulo Peres Lago [Comité Antifascista da Lourinha]

Pódese chamar democracia a un país gobernado por un clan pederasta sobre o que hai centos e centos de probas? Onde se violaba nenas e nenos, onde se practicaban rituais satánicos e antropofaxia? Sen unha soa detención, nin interrogatorio… Unha rede de pedófilos con máis de vinte anos de existencia que usaba gravacións para extorsionar como forma de chantaxe político para conseguir os seus fins. Unha multitude con poder político, académicos, actores, CEO’s de grandes empresas, e nin unha soa detención.

O máis vergoñento aínda, é un Occidente que fala coa boca pequena sen pedir responsabilidades e coa mínima cobertura, un Occidente colectivo que agocha a cabeza sumisamente. Os eurocaniches nin pio perante estes atroces delitos contra os máis débiles, contra os que máis debe protexer a sociedade, contra o seu futuro. Europa antigamente `mansión civilizatoria´ convertida nunha choza fedorenta con empregados da gran banca e admiradores do pintor austríaco a fronte, que se xenuflexan perante o decadente e criminal imperio.

Que clase de democracia exporta un país sometido polo Complexo Militar Industrial, polos tecnócratas de Silicon Valley e Wall Street. Unha democracia na que o lobby sionista impuxo unha guerra, agora convertida nunha lameira que empantanou a administración trumpista e da que non sabe como saír, unha democracia na que os voitres financeiros non suxiren senón que ditan, onde os máis incompetentes, inútiles e carentes de ética e moral, controlan o poder político.

Teñen unha sociedade profundamente ignorante, cun sistema educativo desastroso. Unha sociedade que nega o acceso ao coñecemento e educación, e que é instruída por Hollywood ou Netflix, con narrativas imperiais e manipulacións aberrantes sobre a historia, e que bombardeando continuamente os cerebros conseguiron un pobo individualista, tremendamente competitivo e consumista, adicto a todo tipo de medicamentos, ansiolíticos, antidepresivos, etc, para poder soportar a dor de vivir con inseguridade no futuro, con débedas, co medo a caer enfermo, ou ser despedido.

Esta exemplar democracia mudando o nome do Ministerio de Defensa polo de `Ministerio da Guerra´, indica cal é o futuro que lle espera a súa sociedade. Cun tipo a fronte que de neno non soñaba con ser astronauta, científico, non… o seu soño era ser modelo de pasarela, un ultra supremacista que seguramente nin saiba situar nun mapa a Afganistán, Libia, ou Iraque, tal e como lle pasou a Bush Jr. Probabelmente confunda Ormuz con vermut, e chame a Irán `país árabe´. Un ególatra narcisista con poder sobre un exército superpoderoso, que pode saír mal?

D.Trump, un delincuente económico con innúmeros escándalos tapados con amaños monetarios, descendente de proxenetas, prepotente, sen o máis mínimo tacto diplomático. Un bully ignorante que nas roldas de prensa fala como borracho en taberna cunha linguaxe inapropiada, e que en vez de honrar, humilla aos convidados en público.

Permítense o luxo de verter ameazas contra outros países e contra os seus dirixentes. Segundo Marco Rubio, Irán debería anular a súa inversión en defensa e gastar eses cartos no seu pobo. Isto di un persoeiro familiar de narcos, con 43 millóns de persoas vivindo grazas a cartóns de racionamento, unha praga de fentanilo que asola varios estados, con mantemento de infraestruturas estatais en absoluto abandono, ratas e lixo acumulado nas estacións de metro, rede ferroviaria terceiro mundista, etc… Este é o nivel.

A República Islámica de Irán, herdeira do Imperio Persa, con universidades antigas que datan do ano 200 A.C, unha escola de medicina considerada das máis antigas do mundo, a Universidade de ciencias médicas de Ahvaz Jondishapur. Como civilización con máis de 5 mil anos, ten innúmeros monumentos e lugares declarados patrimonio da humanidade, o sistema político garante como mínimo um parlamentario para que cada minoría poida defender os seus intereses, xudeus, cristiáns, ortodoxos. Dereito que por ser minoría nunca lograrían a través de sistema de votos.

Unha sociedade onde o corpo das mulleres non é cosificado nin usado como cebo comercial para vender mercadorías, na que ocupan o 60% da medicina, e o 70% nas enxeñarías e o desenrolo do programa misilístico.

Para non alongar moito un par de currículuns. Masud Pezeshkián, Presidente do goberno: Ciruxano cardíaco, académico desde 1985, profesor de fisioloxía e profesor do Corán. Ibrahim Dhoul Faqarí, Voceiro das Forzas Armadas: Licenciado en matemáticas, doutorado en filosofía occidental, fala persa, inglés, árabe e hebreo.

Irán licencia ao ano a mesma cantidade de enxeñeiros que os EUA tendo este último o triple de poboación. Con estes datos podemos entender onde está a barbarie e onde a civilización.

Antifascistas e antiimperialistas sempre!

Primer comentario

Deixa a túa opinión