27/04/2026

  • Inicio
  • Artigo editorial
  • Opinión
  • Galicia
    • Entrevistas
    • Novas
    • Reportaxes
  • Comarcas
    • A Louriña
    • Baixo Miño
    • Condado
    • Morrazo
    • Pontevedra
    • Redondela
    • Ribadavia
    • Val Miñor
    • Vigo
  • Entrevistas
    • A Louriña
    • Baixo Miño
    • Condado
    • Morrazo
    • Pontevedra
    • Redondela
    • Val Miñor
    • Vigo
  • Reportaxes
    • A Louriña
    • Baixo Miño
    • Condado
    • Morrazo
    • Pontevedra
    • Redondela
    • Val Miñor
    • Vigo
  • España
    • Entrevistas
    • Reportaxes
Últimas novas
  • [ 02/05/2023 ] Inmobiliaria Traviesas A Louriña
  • [ 27/04/2026 ] MAIO “OS DA GUERRA” Artigos de opinión
  • [ 27/04/2026 ] BARBARIE & CIVILIZACIÓN Artigos de opinión
  • [ 24/04/2026 ] Diga whisky, señor alcalde e sinale ao operario. Artigos de opinión
  • [ 24/04/2026 ] Debate sobre o estado da nación galega: moito máis que mala propaganda Artigos de opinión
  • [ 23/04/2026 ] 1.000 Primaveras máis para a Sala Rebullón A Louriña
InicioArtigos de opiniónMilei ou o triunfo dos Sound Bites

Milei ou o triunfo dos Sound Bites

01/12/2023 Artigos Opinión Artigos de opinión Comentarios desactivados en Milei ou o triunfo dos Sound Bites
Artigo de opinión A Nova Peneira
Xurxo Gregorio - Politólogo
Xurxo Gregorio – Politólogo

Este pasado Domingo saltaba a sorpresa, ou non tanto para algúns na Arxentina, un completo outsider, Javier Milei, gañaba a presidencia do goberno cun discurso antisistema e contrario, supostamente, a todo o que se fixera ate o momento no pais austral. A realidade é que a victoria débella ademáis do seu propio descaro e autoconfianza ás leas internas dentro da dereita arxentina, agrupada desde o 2005 baixo o paraugas das siglas Pro, Propuesta Republicana, e a unhas tácticas de comunicación política xa usadas por Trump nos Estados Unidos, Bolsonaro no Brasil mais tamén por Podemos en España e Syriza na Grecia. O denominado populismo político que basea as súas mensaxes na creación dunha dicotomía social onde o noso protagonista, neste cao Milei é unha especie de mesías que resolverá todos os problemas patrios frente a un inimigo común, moi amplo xa que agrupa a todos os que non pensan coma él, a denominada casta.

Os inimigos do país, esta casta, son para o noso protagonista todos os defensores do estatismo, é dicir, todos aqueles que apoian en maior ou menor medida a intervención económica e social do estado. Aparecen aquí as primeiras contradiccións xa que moitos dos seus apoiantes, seguidores da dictadura de Jorge Videla ou mesmo de calquera tipo de ideoloxía liberal ou conservadora apoian dunha ou outra maneira a intervención do estado e súa participación na vida tanto cultural, social como política. A ideoloxía que dí defender Milei o anarcocapitalisma é unha versión moi radicalizada do concepto de liberdade económica que pula polo libre xurdimento da cultura e a economía e o que o distancia máis dos parámetros da dereira clásica, o feito de que para os anarcocapitalistas o estado é negativo e a democracia un método que teñen algúns para roubar a riqueza que outros producen a través dos impostos. Teóricos desta variante da dereita libertaria consideran toda forma de estado unha forma de socialismo, destacamos o exemplo de Hans-Hermann Hoppe que distingue catro tipos de socialismo. Este autor alemán da escola austíaca distingue entre socialismo soviético, socialismo socialdemócrata, socialismo conservador e socialismo tecnocrático. Todo tipo de organización estatal que non este basada exclucivamente nos dereitos de propiedade é socialismo, considerando máis xustas e libres as monarquías absolutistas, como as do golfo pérsico, onde se recoñezan os dereitos de propiedade dos cidadadáns que libremente decidan vivir nese estado que as democracias estilo occidental.

A victoria dunha persoaxe con tal bagaxe ideolóxica so podemos explicala co uso das novas tecnoloxías e as denominadas tácticas populistas de comunicación política, o igual que fixeran os seus amigos Trump e Bolsonaro presentarse coma alguén de fóra do sistema. Milei sempre atacou a unha clase política “la casta” na que englobou incluso os seus actuais aliados de dereita sen os cales probablemente non tivese gañado. O uso de mensaxes curtas cun significante vacío, é dicir, algo que soa ben, mais para o cal cada un de nós ten o seu propio significado “libertad”, “progreso” e convertir a todos os demáis nos inimigos desa libertad e crear pequenas frases ou lemas que se denominan “sound bites”, para que a xente se sinta identificada onde podemos atopar desder; “viva la libertad carajo” ou lemas convertidos en case cancións populares como “la casta tiene miedo”. A creación desta dicotomía entre o libertador, Milei neste caso e os outros tamén é achacable sobre todo no hemisferio americado á expansión da doutrina protestante moi individulaista e que defende a existencia de comunidades de persoas libres frente á xerarquizada doutrina católica, lembremos que Milei atocou directamente o Papa acusandoo incluso de comunista, lembremos que as congregacións protestantes sempre acusaron o papado de querer monopolizar a Fé cristiá, tal como o estado para un libertario quere monopolizar o exercicio da violencia e controlar a economía.

Como un outsider cun ideoloxía americana aderezada cunha ética protestante chegou a presidente dun país maiormente católico como a Arxentina, cunha porcentaxe de católicos declarados que supera o 60% e onde non existe, a penas chega o 9%, coma si existe por exemplo no Brasil, unha ampla comunidade evanxélica que no xigante sudamericano supera xa o 30% da poboación. A explicación é o sistema electoral presidencialista, onde se van eliminando candidatos e quedan sempre os dous menos malos así como a guerra fraticida dentro da dereita. A mala xestión do goberno Peronista de Alberto Fernández así coma a indisimulable corrupción da sua ex-vicepresidente Cristina auguraba unha victoria cantada da dereira clásica o PRO antes nomeado nestas eleccións, onde todo auguraba a que Horacio Rodriguez Larreta, home de confianza do expresidente Macri tomase a presidencia do país nestas eleccións, máis a loita fraticida provocou o desastre, o candidato favorito e declarado sucesor recibiu ataques de dentro do propio partido nomeadamente do sector de Patricia Bullrich, dos Kichneristas e do propio Milei, o resultado e que quedou eliminado nas elección previas. A historia final xa é coñecida o representante da dereita acabou sendo alguen que se autodefine de fóra do sistema, mais que gañou gracias o apoio dos propios Macri, Bullrich e Larreta que o apoiaron para evitar un novo goberno peronista. A dicotomización social propia dos sistemas presidencialistas deu cunha victoria do máis fanánico dun lado. Este tipo de sorpresas son máis dificiles en sistemas parñamentarios coma os que maiormente existen en Europa, mais serve de aviso para as organizacións que crean no estado e na democracia que as loitas fraticidas poden levar a resultados inesperados e á victoria do que simplemente ten claro o que vende.

  • politólogo
  • Xurxo Gregorio
Artigo de opinión A Nova PeneiraAnterior

Todo Rompe

Ana Pontón BNGSeguinte

Pontón: “Estou preparada para ser a presidenta do cambio que precisa Galiza”

Últimas novas

  • Artigo de opinión A Nova Peneira
    MAIO “OS DA GUERRA”
    27/04/2026 0
  • BARBARIE & CIVILIZACIÓN
    27/04/2026 0
  • Artigo de opinión A Nova Peneira
    Diga whisky, señor alcalde e sinale ao operario.
    24/04/2026 0
  • Carme santos
    Debate sobre o estado da nación galega: moito máis que mala propaganda
    24/04/2026 0
  • 1.000 Primaveras máis para a Sala Rebullón
    23/04/2026 0
  • O Mundialito da Xunqueira: Historia viva de Redondela
    23/04/2026 0
  • De como o PP consolida o seu poder local
    22/04/2026 0
  • Moncho Lareu, Profesor
    Frearmos o Capitalismo Epstein
    22/04/2026 0
  • Vitor Mariño, responsable da sección sindical da CUT en Citroën
    21/04/2026 0
  • Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
    Por que a clase obreira vota á dereita?
    21/04/2026 0
  • Patricia Mariño candidata do BNG á alcaldía de Salvaterra.
    20/04/2026 0
  • No Picture
    A Nova Peneira parroquia a parroquia: “Chapela”
    20/04/2026 0
  • Lino Costas
    A crise da vivenda: que facer?
    17/04/2026 0
  • Artigo de opinión A Nova Peneira
    Non lembrar, non querer aprender
    17/04/2026 0
  • Fundamentos éticos dunha posición política de dereitas
    16/04/2026 0

Acerca de nós

Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.
Redacción
  • Tino Lago

    Artigos publicados 352

  • Redacción A Nova Peneira

    Artigos publicados 2227

  • Montse Fajardo

    Artigos publicados 30

  • Marcos Santos

    Artigos publicados 155

  • Lucía Santos

    Artigos publicados 6

  • G. Figueiredo

    Artigos publicados 82

Séguenos nas redes
  • facebook
  • Twitter
A Nova Peneira papel
Xornal Mensual

A Nova Peneira abril 2026

A Nova Peneira marzo 2026

A Nova Peneira febreiro 2026

A Nova Peneira xaneiro 2026

A Nova Peneira decembro: especial fútbol 2025

A Nova Peneira decembro 2025

A Nova Peneira novembro 2025

A Nova Peneira outubro 2025

A Nova Peneira setembro 2025

A Nova Peneira agosto 2025

A Nova Peneira xullo 2025

A Nova Peneira xuño 2025

A Nova Peneira maio 2025

A Nova Peneira abril 2025

A Nova Peneira marzo 2025

A Nova Peneira febreiro 2025

A Nova Peneira xaneiro 2025

A Nova Peneira decembro 2024

Especial fútbol A Nova Peneira decembro 2024

A Nova Peneira novembro 2024

A Nova Peneira outubro 2024

A Nova Peneira setembro 2024

A Nova Peneira agosto 2024

A Nova Peneira xullo 2024

A Nova Peneira xuño 2024

A Nova Peneira maio 2024

A Nova Peneira abril 2024

A Nova Peneira marzo 2024

A Nova Peneira febreiro 2024

A Nova Peneira xaneiro 2024

 

A Nova Peneira hemeroteca

Opinión
  • Artigos Opinión

    Artigos publicados 244

  • Pedro M. Cortegoso Gago

    Artigos publicados 83

  • Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero

    Artigos publicados 70

  • Antón Lorenzo González

    Artigos publicados 61

  • Cristobal López

    Artigos publicados 60

  • Xoán Carlos Caballero

    Artigos publicados 53

  • Aarón Franco

    Artigos publicados 53

  • Xoán Alonso

    Artigos publicados 39

  • Xavier Rodríguez

    Artigos publicados 22

  • Ángel Pérez

    Artigos publicados 22

  • Moncho Lareu

    Artigos publicados 19

  • Xurxo Agra

    Artigos publicados 13

  • Kike Estévez

    Artigos publicados 7

  • Carlos Méixome

    Artigos publicados 7

  • Francisco Álvarez Koki

    Artigos publicados 7

  • Andrés Couñago

    Artigos publicados 5

  • Xurxo Martínez

    Artigos publicados 3

  • Xabier Toba

    Artigos publicados 2

  • Iago Pereira

    Artigos publicados 2

Colaboradores
  • Manuel Alfonso Estévez

    Artigos publicados 52

  • Alma López Figueiras

    Artigos publicados 13

  • Xabier P. Igrexas

    Artigos publicados 10

  • Fernando Miranda Estévez

    Artigos publicados 9

  • Néstor Rego

    Artigos publicados 6

  • Dionísio Pereira

    Artigos publicados 6

  • Manuel Ruiz Robles

    Artigos publicados 4

  • Xaquín Postoriza

    Artigos publicados 4

  • Rubén Cela

    Artigos publicados 3

  • Oriana Méndez

    Artigos publicados 2

  • Pedro Ocampo

    Artigos publicados 2

  • Olga Pereira

    Artigos publicados 2

  • Jessica Souto Loira

    Artigos publicados 2

  • Israa Azzan

    Artigos publicados 1

  • Mario López Rico

    Artigos publicados 1

  • Info A Nova Penerira
  • Contacto
  • Aviso Legal e Política de Cookies
  • Política de privacidade

Copyright © 2026