Nestas alturas deste outono interminábel teño que pensar que xa todas saberedes que as efémeras son uns pequenos insectos que adoitan a vivir en ambientes acuáticos e non máis de vintecatro horas.
A presenza destes insectos fala moito da limpeza e do bo estado das augas onde adoitan a vivir a súa curta vida.
Hai moitos entendidos que din que no intre de morrer un ser humano contempla toda a súa vida mentras o seu corpo e a súa mente vaise esvaecendo. As lembranzas agochadas no último caixón do maxín van pasando por un estreito funil diante dos teus ollos pechados ata que o teu corazón deixa de latexar e un fondo salouco empurra o teu corpo por unha carrivoca eterna.
Pois así penso eu que debe ser a vida dunha éfemera, un continuo morrer e lembrar; un estrés.
Nestas alturas do outono coido que xa sabedes ou deberiades saber que unha nova clase de Éfemeras foron avistadas por primeira vez este ano no sur de Galiza, en Redondela, fecunda vila onde a música sempre foi un xeito de expresar os sentimentos e afrontar a vida entoando melodías herdadas nos torreiros, tabernas e festas parroquiais.
As Éfemeras das que vos falo son un grupos de activistas e gerrileiros culturais comprometidos ca cultura, co medioambiente, co feminismo e ca defensa do noso país e do seu idioma.
Na maoría das entrevistas que teñen feitas contan que este proxeto comezouse a cociñar hai dous anos e que o confinamento converteuse nun punto de encontro, reflexión e creación ata chegar ó día de hoxe no que teñen presentado o seu disco aló onde as chaman.
O seu disco e un coidadísomo traballo de mestura de música tradicional e rock acompañadas duns textos brillantes e reflexivos, propios e alleos que reflicten as súas inquedanzas. Textos que nos tempos que corren son folgo para os que disfrutamos da poesía, da métrica e das historias ben contadas.
Os dous primeiros temas que encertan o disco ben se poderían engadir en calquera guía turística de renome pois falan da paixase, da contorna e das peculiaridades grastronómicas da vila dos viadutos.
Logo continúan ca acolledora musicalización dun poema de Ana Roamí adicado a Rosalía de Castro interpretado desta vez por Berto Covelo e Olga Nogueira, acordeonista, escritora e poeta.
Continúan As Eférmeras ca presentación e descripción de historias e personaxes que forman parte do universo e da memoria redondelá.
Despois de varias escoitas é invitábel darlle pausa ó reproductor, sair a camiñar e voltar outra vez a necesaria escoita de Arlequin e Polichinela na voz quebrada e cansa de Pedro Pérez Vilas ou ben a armoniosa e educada voz de Olga Nogueira cantando a Carvalho Calero.
A decir verdade, este disco non ten refugallo algún e coma di a wikipedeia a presenza das Efémeras falo do bo estado da música feita en Redondela.
As Efémeras, música de aquí, da casa, do país.
Ben sei que a vida das Éfemeras vai dar moito que falar e escribir porque a cabesiño do Fon non para.