Grafoloxía de Rogelio Estévez Cambra

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Como se lembraran en A Nova Peneira, Rogelio Estévez Cambra, na memoria de Salvaterra, no día 24 – 05 – 2.021, por Antón Lorenzo, fora nado en Fornelos da Ribeira, do Concello de Salvaterra do Miño e finado en Bahía Blanca, Arxentina, sendo un recoñecido xurista e intelectual, que gozou da intelectualidade arxentina, e que nos permitiu recoller este análise grafolóxico, observando que posuía un destacable nivel cultural.

De carácter agradable, viril, transmitía confianza a quen se dirixía a el. De adaptación xentil, a dicir dos arxentinos, era sensible e cálido, todo un cabaleiro, vivaz nos seus modos.

De trato áxil, transmitía os seus saberes seguro de si mesmo, e nas súas manifestacións isto lle facilitaba a súa tarefa notarial e social.

Home humilde e modesto, pero seguro dos seus propios méritos, dispuña dunha grande capacidade de atención e concentración enfocado sempre os seus obxectivos que todo o mundo coñece.

Rogelio Estévez Cambra, se sentía a gusto consigo mesmo; equilibrio e harmonía, entre a súa maneira de mostrarse e a súa propia imaxe. Sentía estar no posto que se merecía facendo o que realmente apreciaba da vida.

O seu grafismo, que non é meu, evolucionado, organizado, progresivo a través do tempo. O seu nivel de xurista e home intelectual; a súa intelixencia e práctica forxaron o seu espírito creativo, imaxinativo, buscando o verdadeiro sentido da vida, logrando o seu merecido recoñecemento.

Foi, inimigo da rutina, foi dinámico, activo, deixando dun lado, en ocasións, a familia, as preocupacións e as súas necesidades, porque como ben dicía: “Todo o que teño se llo debo a xente, e a ela vai todo”.

Aferrado a súa condición de notario, presentou sempre, ademais, o seu sentido de loita sagacidade e paixón. Di a súa grafoloxía que foi un home de temperamento dinámico, social, de pensamentos elevados en favor da sociedade. Coidador dos “cartos” en ben dos demais.

Un home entusiasta e admirable que lle permitiu cumprir coa maioría dos seus obxectivos, e que forman parte da historia viva, da historia de Fornelos da Ribeira, alén do Mar Atlántico.

Rogelio Estévez Cambra, en mais dunha ocasión nomeara a Marco Cicerón: Aquel que descoñeza o seu pasado, está condenado a non saír da nenez, xa que a historia é mensaxeira do pasado, testemuña dos tempos, vida da memoria, luz da verdade e mestra da vida.

Eu non fixen mais que lerme a Xosé Luís Méndez Ferrín, meu veciño en Vigo, para enorgullecerme da súa información sobre Luís Soto en Vilanova dos Infantes, a iniciativa da Fundación Pena Novo, sobre o monumento a Soto e a súa memoria, así como tamén a homenaxe no 1.966 ao meu amigo persoal Celso Emilio Ferreiro, que forman parte da viva historia, para a desmemoriada aldea de Fornelos da Ribeira, con tantos emigrantes na América, sen recoñecemento algún polas súas xenerosas colaboracións, culturais, sociais e económicas, a parroquia. ¡Que se lle vai facer!