Coplas de verán

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi

Co verán chega a calor,
o sol tamén os turistas
pero cando chega lume faltan moitos
brigadistas.

Outro ano, outro inferno,
nos montes ouvea o lume.
Vermellos vexo os teus ollos,
vermellos de tanto fume.

Outro ano, outro inferno!
De cinza o ceo cuberto,
dime que isto é un sono,
dime que isto non é certo.

Quen veu a queimar os montes?
Quen perdeu todo o sentido?
Aquí sofren sempre os mesmos,
Galiza pobo ferido.

Onde están que non se ven
en Galiza as estrelas?
È o fume dos incendios
por iso non podo velas.

Tampouco podo contalas,
porque xa non podo velas,
arden os montes galegos
neste inferno sin estrelas.

Só vexo fume e pantasmas,
fuxir xente das súas casas.
O lume è coma un monstro
que por onde pasa arrasa.

Voltan os montes a arder
coa pes no verán metidos,
Galiza está poboada
de cabrons e de bandidos.

De bandidos e vendidos,
terroristas forestais.
Os que queiman a súa terra
neste mundo están de máis.

Quen tingue as mans de sangue
non ten corazón nin alma.
Forza para miña Terra,
moito coidado cas chamas.

Agardando polas choivas
Galiza mira ó ceo,
nesta longa negra noite
de lume e pesadelo.

Queiman os montes galegos
con toltal impunidade,
isto é o que algúns entenden
por Galicia calidade.

Cumios, outeiros e leiras
consumidos polo lume,
hoxe non vexo o ceo
terá que ser polo fume.

Andan co medo no corpo
os veciños do Courel,
o lume bateu na porta
e nos tellados tamén.

Moito falan nos despachos
con enredos e mentiras,
pero son sempre os mesmos
os que se xogan a vida.

Moito enredan nos despachos
con palabras e promesas
pero chega outro ano
e o lume está na mesa.

Adeus ríos, adeus fontes
¡Ai miña terra queimada!
Cada ano ven sendo o mesmo
e aquí non pasa nada.

Adeus vistas dos meus ollos,
cheos de bágoas e penas,
malditos fillos de puta
que venden a súa terra.

Adeus gloria, adeus contento
árbores da miña terra
onde os paxaros cantaban
a xente chora a berra.

Miña terra, miña terra
¿que che fixeron meu bene,
que tras a cara cuberta
de morte e cinza tamene?

Xa se escoitan as campás
empurradas polo vento,
aló van os brigadistas
cansados e sen alento.

Outro ano acurralados
polo lume e polo fume
repítese a mesma historia
coma ven sendo costume.

Onde están que non se ven
as medidas ambieitais
para frear a barbarie
dos incendios forestais.

Sempre andades dicindo
que para o ano que ven,
pero cando pasa o ano
o monte arde outra vez.

Soñei que tiña un soño,
un país e unha fonte,
unha casiña de pedra
arrodeada de monte.

Espertei e abrín os ollos
coma quen abre unha fiestra,
tronou pesadelo o sono
que me veu bater na testa.

Outro ano, outro inferno
de fume o ceo cuberto,
ven e dime meu amor
que nada disto é certo.

Adeus gloria, adeus contento,
lembranzas dos anos mozos,
malparidos comerciantes
cheo estou de rabia e noxo.