COUSAS DE SALVATERRA

Artigo de opinión A Nova Peneira
Antón Lorenzo González Saque
Antón Lorenzo González “Xaque”

GUERRA DE RESTAURACIÓN PORTUGUESA, 1640 – 1668

NESTE CAPÍTULO DÉCIMO, EXPLICAREMOS COMO ENTRA O CONDE DE CASTEL MELHOR no goberno das armas de entre Douro e Minho, cómo encontrou a Provincia e o que nela dispuxo.

Como queira que o uso das armas demanda muita prudencia e muitas outras virtudes, e a súa administración sexa de muito traballo e perigo da vida, non convén ós Principes subrogar para elas discípulos a Mestres. Vendo O Rei noso Señor a importancia de dar á fronteira de entre Douro e Minho un Xeneral capaz, que houbese de continuar a defensa dela contra un Reino tan belicoso, como é o da Galiza, viu a comenencia de sustituir a Don Gastaõ Coutinho, quen tiña aberto a guerra a fogo e sangue.

Considerando na persoa de Joaõ Rodrígues de Vasconcelos e Sousa, Conde de Castel Melhor, interesar máis a comenencia deste Reyno, (Joaõ fora preso polos casteláns nun intento de captura duns galeóns en Cartaxena de Indias, cando o traían para Castela, salvárono uns corsarios holandeses que o raptaron a petición do Rei João IV e o conduciron a Portugal). De volta no país decidiu o Rei nomealo Gobernador das armas da provincia de entre Douro e Minho.

Chegou a esta o 27 de Marzo do ano 1643. Foi recibido por tódolos pobos con alegría suma. Procurou o Conde corresponder tanto na excelencia do exercizo militar e defensa da provincia, como na afabilidade e cortesía do capitán prudente que se preza de soldado, estimación que sempre fixo dos que ben sirven e pelexan, granxeándose os corazóns de todos. É así, pois o capitán ríxido faise odiar e quebra os ánimos na miliacia, mentras que o brando tende a desestimación e a desobediencia.

Todo no Conde está no seu lugar, a obediencia das súas xentes, que é grande, a percepción da súa habilidade no uso das armas da confianza en momentos que naturalmente é de alta belicosidade, de non ser así nada esperarían de utilidade. Porque como del depende toda a Orde militar do séu exército, si el se dera o ocio, o mesmo lles pasaría os soldados. Así foi como as súas victorias, inda que poucas, débense xulgar como vidas o caso. A disciplina militar é o espíritu, nervo e alma do exército, solo ela é a que vence.

Basta decir que para coñecer un excelente capitán como Castel Melhor, non hai máis que ver as súas acións, a súa liberalidade, o séu esforzo, a súa dedicación, a súa constancia, onde o vencimento non admite soberbia, nin admitirá desmaio a perda, que queira Deus non a teña. O Conde non trata de acreditarse a costa de sangue alleo. As guerras que fai son xuiciosas e prudentes, por iso asístelle a boa fortuna que só obra en peitos valerosos e esforzados.

Atopou a provincia falta de armas, municións e vituallas. Tamén tivo que afrontar a deserción de soldados por falta de pago do salario dende facía xa tres meses. Está claro que o soldado famento ha de fuxir ou desobedecer pois teme máis a fame que as balas enemigas.

A primeira petición que a provincia lle fixo, foi a que él mesmo desexaba despachar, isto é, entrar pola Galiza, tomar Tui e Salvaterra, porque gañando estas prazas era fácil a conquista do Reino todo. Ficaba sendo guerra ilustre e de grande creto ás armas portuguesas a conquista deste Reino e as súas catro cidades.

Notou porén o Conde canto lle conviña ter primeiro coñecemento das forzas do enemigo, recoñecer as súas prazas, armas, número de xentes, natureza delas, seu modo de pelexar, esforzo, constancia, fábricas de guerra, costumes, inclinacións, socorros, lugares e a oposición que a todo podía ter, o estado que tiñan as armas e prazas que había de gobernar. Prever a retirada delas con seguridade caso de non ter vituallas, diñeiro e todo o máis necesario. Do contrario sería descrédito das armas propias e dar ánimo o enemigo.

Todo o cal examinou o Conde, mandou vir diante sí a tódolos soldados que había para recoñecelos e facerlles o pagamento de tres meses atrasados e debidos. É moi coñecido que si un capitán trata de vencer e falta coas pagas ós soldados, estos actuarán con flaqueza e debilitarán o séu exército, máis, si son conducidos a forza, porque as almas dos soldados son os bos pagamentos. Sin eles, nin siquera pola patria haxa quen queira pelexar.

As pagas ben feitas son as que fan o soldado oprimido, liberar o ímpetu do seu corazón e o amor para servir o seu Rei, e acudir a súa obriga, porque como xa dixen, e máis cruel guerra á fame que á das picas enemigas.

Resultaron ser os soldados pagos até mil Infantes, repartiunos polas prazas das fronteiras, conforme xulgou necesario. Para guarnecer os armacéns mandou vir dende Viana a Martím Velho Barreto, “Vcedor” Xeneral e Proveedor maior deles, que con fervor e celo de servizo Do Rei, reduciu as prazas de mantementos e aprestos militares o estado que o Conde lle propuxo.

Reorganizou oficiais pola orde Real, por teren compañías diminutas e pouco operativas, defectos que nos exércitos, junto o Xeneral e o Príncipe, non son xustos, antes funestos para o Reino asistir persoas que poden moito e valen pouco.

Foi así como se fraguou a toma que o Conde fixo por primeira vez da vila de Salvaterra, toma que había de fracasar por falta de fornecementos na retagarda. Haberá logo unha segunda toma, mellor organizada, que había de prolongarse o longo de dezaseis anos máis, até a capitulación de Monção, rematando coa caida e recuperación de Salvaterra para a corona castelá.

Continuará…

Salvaterra de Miño, 15 de xullo do 2022

(Crónicas da guerra Duriminia, Dr. João Salgado de Araujo, Lisboa 1644)