Soltádevos das ataduras que pretende facer o PP

Victoria Alonso Mos
Victoria Alonso PSOE de Mos

O Partido Popular é moito de crer que é dono das institucións que goberna. Non terminan de entender que o pobo é soberano, tanto te pon nun posto como te quita. Hai unha diferencia bastante grande entre ser dono e xestionar recursos de todos, e aquí radica o principal problema co que nos atopamos no noso concello.

Nin son donos, nin debémoslle ningún tipo de pleitesia. Tomar decisións que melloren a vida da veciñanza e para elo xestionar os recursos de todos, forma parte do cargo. Algo tan sinxelo coma asfaltar unha estrada, facer unha programación cultural ou cambiar unhas luminarias, non é facer ningún tipo de favor.

Unha vez que tomamos posesión do noso cargo, temos que asumir cales van a ser as nosas competencias. Pola miña banda, coma concelleira da oposición teño que fiscalizar a acción de goberno. Por isto, emitimos comunicados de prensa, vídeos informativos, mocións e outras tarefas cas que intentamos poñer o foco nas políticas que non consideramos axeitadas para a nosa vila. Mentres que os concelleiros de goberno, teñen que dirixir as súas areas pensando no ben común.

Nin o concello nin ningunha institución debe limitar a capacidade do noso tecido asociativo para buscar financiamento fora dos límites municipais. Temos que estar contentos de todo o que ben para Mos, independentemente da institución de procedencia. Cada unha delas ten liñas habilitadas que deben ser usadas, o que permitiría o concello poder axudar doutras formas aos colectivos, ademais de implicar un reparto positivo entre tódalas administracións.

Recentemente, chegáronme queixas de que había parte da veciñanza solicitándolle as asociacións que pedise a colaboración da Deputación de Pontevedra. A resposta que obtiveron foi unha negativa debido a evitar un posible enfado por parte da alcaldesa. Xa que a presenza da Deputación, e miña coma deputada de cultura e igualdade, provoca malestar na actual rexedora. Situación que me entristece profundamente pola escasa capacidade de traballo en grupo e visión limitada no relativo a xestión con perspectiva de futuro.

Dende a miña posición, máis aló de deputada ou voceira da oposición, coma veciña convido a tódolos colectivos a facer un exercicio de reflexión sobre as colaboracións por parte do concello que soen ser pouco obxectivas e partidistas, así como a estudar outras vías de colaboracións as que poden optar. Non debemos permitir que nos condicionen factores coma egos persoais, porque as asociacións teñen que usar tódolos recursos o seu alcance.

Síntamos libres de solicitar, de opinar e de cuestionar o que acontece no noso entorno, sempre que sexa unha crítica construtiva vai ser beneficiosa para a localidade. Non podemos perder a educación pero tampouco podemos perder o norte e facer que se deixen de obter subvencións por discrepancias políticas.

Recapacitemos sobre como afecta a tensión política na vida do noso municipio e tomemos decisións en consecuencia, porque o que está claro é que vivimos nunha vila cun amplo tecido asociativo e non podemos frear a actividade que pretendan realizar. Esperemos que o Partido Popular tome conciencia e mude de actitude, buscando a máxima colaboración de tódalas administracións no canto de xerar tensión política para intentar que repercuta positivamente na súa campaña de cara as municipais. Porque si algo demostran é que están a facer un intento de acoso e derribo das administración gobernados pola esquerda para defender a súa xestión.