Areas movedizas
Este trixésimo quinto fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana
Por fin novidades da fronte. Hoxe chegou unha emisaria de Gataparda escoltada por unha das patrullas que enviamos en pos de Arevaléfica. Non todo eran boas novas, o batallón perdera contacto cun pequeno grupo encabezado por Malandrea. Nunha das refriegas coas forzas da Colmea, ela é un pelotón de exploradores quedaron illados do resto do batallón. O batallón tivo que dispersarse e fuxir ante o embate dun exercito máis nutrido, pero a noitiña voltaron na busqueda das compañeiras. Non as atoparon por ningures, nin entre as caídas nin prisioneiras. Estaban en paradeiro descoñecido.
Desde a chegada do batallón ás inmediacións de Anatolia, adicáranse a incomodar ao exército de Arevaléfica mediante fugaces incursións. Tiveran incluso oportunidade de encontrarse con Prusiana.
No traxecto ate Anatolia Gataparda dividira o batallón en varias columnas para peinar o terreo e encontrarse coas patrullas enviadas na captura de Arevaléfica. Deste xeito foi engrosando nas súas filas aos milicianos que conformaban as patrullas e os vehículos con que partiran. Un destos vehículos eléctricos, un dos blindados, conducíao Malandrea na escaramuza na que desapareceu. Se Malandrea e o seu grupo foran feitos prisoneiros o blindado estaría en posesión do enemigo e non había rastro do vehículo no campamento de Arévalefica.
Testadura, a emisaria de Gataparda coñecía ben a Malandrea. Ninguén pilotaba o blindado con maior pericia que ela, asegurounos. Tiveron que perderse na tormenta de area, repetía con insistencia entrecortando o seu relato. Ía ser unha refriega máis para diezmar ás forzas de Arevaléfica. Atacaron unha caravana enemiga que transportaba víveres. Resultou unha emboscada. A inesperada tormenta foi a vía de escape daquel matadoiro. A emisaria, vella coñecida de Portela, a nai de Malandrea, desexaba aflorar no seu relato do sucedido algo de esperanza para a súa amiga. A súa voz quebrada non axudaba ao seu propósito.
Ela encabezou a primeira patrulla que saíu na captura de Arevaléfica e segundo nos confesou, apesadumbrada, por escasas horas non puido completar a súa misión. Cando foron alcanzadas polo batallón comandado por Gataparda xa estaban nas inmediacións de Anatolia acechando os movementos do exército de Arevaléfica. A súa voz recuperou algo de entereza cando nos deu conta dos primeiros escarceos do batallón para incordiar ao exército da Colmea no seu asedio a Anatolia. Fíxonos vibrar detallándonos os primeiros combates entablados nos que acadaron dispersar ao enemigo en repetidas ocasións. Incluso por unhas breves horas estableceron un corredor polo que abastecer de víveres e municións ás forzas rebeldes asediadas.
Gataparda e Testadura compartían algo máis que unha causa común. Coñecía de primeira man a admiración que se profesaban mutuamente. Estaba segura de que Gataparda non escollera a Testadura como portadora das novas sen un claro propósito. Non se desprendería dunha miliciana tan valiosa sen unha razón importante. Era evidente de que algo de vital importancia estaba ausente na narración dos feitos. Testadura, exahusta, non estaba fiando ben a mensaxe de Gataparda. A súa maratoniana travesía pasáballe factura.
Concedímoslle unhas horas de reposo e mentres chamamos a súa escolta nun intento de desentrañar que era tan importante para que Gataparda nos enviara unha expedición cunha mensaxe críptico.
Tres milicianas compoñían a escolta de Testadura. As tres igual de extenuadas que a súa protexida. Atropellábanse unhas as outras para contarnos o sucedido. En cambio só ofrecían silencio a preguntas concretas. Un silencio entrecruzado de miradas.
-Sete días de marcha forzada, sen apenas dormir, sen parar a comer, rompimos as botas para ver como Arevaléfica era recibida con vítores polo seu exército -repetíanse unha e outra vez como se necesitaran xustificar algo.
Foi imposible sonscarlles máis de tres palabras inteligibles sobre o que sucedeu despois de alcanzar Anatolia. Os balbuceos enmudeceron nun silencio cabizbaixo cando as nosas preguntas incidían na emboscada na que perderan contacto con Malandrea. Era exasperante. Decidín entrevistalas por separado.
Intentaron opoñerse con airadas protestas a que o interrogatorio fora estando elas illadas unhas das outras. Incriminábanse con cada burda excusa que expoñían para permanecer xuntas. Procurei serenarme para que non transcendera ao meu semblante as alarmas que ecoaban na miña cabeza.
Comecei sondeando á máis xove agardando que fora a máis feble das tres. Non acadei ningún detalle do que tirar do fío. Todo o tempo que durou a indagación non cesou de repetir que ela só acatara ordenes de Tirofixo, a miliciana de maior rango e idade das tres. Repetíao como se isa obediencia debida a exonerara de algo. Que era ese algo? Aquí estaba a mensaxe de Gataparda. Si, pero endiabladamente encriptado.
Optei por deixar a Tirofixo de última. Como agardaba non saquei nada en claro da outra miliciana. Igual que a súa compañeira limitouse a sinalar a Tirofixo e tataxear unhas palabras inconexas sobre que a vida da súa filla era o máis importante para ela.
Tirofixo era o cerroxo que debía quebrantar para clarexar aquel arcano. O problema era que non tiña fío do que tirar, tiña que inventarme algo e rápido.
Mandei chamar por ela. Tirofixo entrou na sala aparentando normalidade, pero os seus neviosos acenos e o rigor da súa faciana delataban que carcomíase por saber que dixeran as súas compañeiras.
O seu sorriso desafiante petrificouse cando viuse rodeada e as mans atadas ás costas.
-Estás detida acusada de lesa traición. As túas compinches delataronche. -imprimín a miña voz toda a autoridade que fun capaz.
Por uns intres permaneceu calada. Comezaba a arrepentirme de arriscarma con aquel órdago. Apretei os puños e agardei un intres antes de ordenar que a encerrasen.
Finalmente desmoronouse. Comenzou a laiarse. Todo o que con tanto celo agocharan, agora amosabase a borbotóns.
Testadura forzara a marcha ate a extenuación no intento de alcanzar a Arévalefica. Nas inmediacións de Anatolia decatáronse do baldío do seu esforzo. Buscaron refuxio onde agocharse e repoñer forzas. A estancia alongouse uns dias debido a que Testadura quedou postrada por episodio de febre. A súa idade o sobre esforzo da persecución pasáralle factura.
Apremiadas pola calor saíran na busqueda de auga para remediar a escaseza de provisións. Descoñecedoras do terreo remataron presas dunha patrulla enemiga. Foron levadas ante Arévalefica quen en canto recoñeceu a Tirofixo deuse conta do potencial da situación.
Tirofixo e a súa irmá menor tiveran que fuxir da Colmea deixando atrás ás súas familias. Uníranse ao grupo da Portela para escapar da purga. Ambas foran representantes dunha das comunas agrarias e iso aseguraba un posto na lista negra da Colmea.
Alí estaban, reencontrandose coas súas fillas na peor situación posible. Areválefica decatárase enseguida de quen eran. As súas fillas atopábanse entre as filas do seu exército, foran reclutadas á forza para a campaña de asedio a Anatolia. A leva baleirou Vilania de calquera persoa que poidera empuñar un arma.
Arevaléfica deixou que se xuntaran e que as bagoas enxugaran as apertas. Logo mandou encadear as dúas fillas e formulou o seu trato.