Gratitude para as mulleres de onte e hoxe

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

Aínda que tarde vaia a nosa gratitude, e a do Xornal A Nova Peneira,para as nosas mulleres de onte e de agora, que ben merecen o eloxio de Estrabón, que tantos séculos atrás, loitaron sen desfalecer contraos romanos, dos cales descendemos (século XVIII), que rozaron osmontes, cavaron e sacharon as veigas, a carrearon cos carros de bois millo, patacas e viño, con sacrificios vividos, pero con forzasuficiente para quedar configuradas no código xenético. Creo eu, que cando as circunstancias o esixen, saen espontaneamente as nosas donas,co seu ancestral espírito afrontando con decisións os sacrificiosque impón o traballo do mundo aldeá.

Non vou a falar do século XIV en plena guerra cos amigos portugueses,nin ofrecer os exércitos contendentes na disputa dunha singular pelexa entre irmáns, a cambio dunha batalla, porque unha pelexa entreambos, significa unha tráxica secuencia de mortos. E di a lenda, quefoi tal o furor das mulleres, daquel entón, que ambas contrincantes se arrincaron o cabelo e as dúas heroínas terminaron completamente calvas.

Moitos son os exemplos, para demostrar o esforzo e traballo quetiveron que empregar para o seu desenvolvemento. Foron elas, as que silenciosamente de forma colectiva, as que revolucionaron económica e socialmente a nosa agricultura, incorporando o millo no século XVII,a pataca no XIX, mentres os homes estaban absorbidos noutras ocupacións.

O traballo feminino agrícola representaba case que ata a nosos días,un compoñente básico da economía aldeá. O Catastro de Ensenada xa establecía polos anos 1.753 como medida un feixe de liño, a cantidade capaz de transportar o río unha muller para lavalo.

E, me chama a atención a definición, porque algunha ten que ver cos sistemas de medidas dos nosos antepasados, e a consideración socialda muller e o seu abnegado sacrificio,para a nosa economía. Aquelfeixe de liño, so servía para que os veciños mediran os décimos,eclesiásticos que debían pagar relixiosamente o cura ou abade, cada unha.

Gratitude pois, para elas, e memorizar a historia da aldea:levantarse, almorzar, arranxar os nenos para a escola, levar os velloso médico, dando o callo, porque a vida na aldea e escrava. Por iso, anosa gratitude, e o noso recoñecemento por ser a alma e o futuro da terra.

¡Como non me vou lembrar da aldea, na segunda metade do século XXnin das nais e avoas, traballando nas duras labores do campo, dendeven pequenos, e logo de maiores, ocupándose da casa, do coidado dosfillos, mentres a familia envellecía!

Gratitude e lembranzas para todas elas, mirándoas traballar durante a primavera no campo. En febreiro, preparando a terra, sementando as cebolas, tomates e pementos, prevíndoas das xeadas, tirando do carro de bois, quitando as herbas, a carretando o estrume, para as veigas e hortas, e sachando as viñas, soutos, e outras terras.

Gratitude, para aquelas mulleres que diariamente levaban o almorzo as veigas para que xantaran e regresaban cargadas co feixe da herba. Elastamén segaban, cando era necesario e ían o monte a arrancar herba para dar de comer o gando.

Gratitude, para aquelas mulleres na época do trigo, millo, centeo, formando as medas, ou mallando o grao, ir o muíño, para elaborar o pan.

Gratitude para aquelas mulleres que no mes de Agosto, arrancaban as patacas, traballando con esforzo e a carretando o saco das patacas para o eido. E, que dicir: Da vendima ou da recollida das castañas!Porque aínda que a elaboración do viño e cousa de homes, asmulleres alí estaban. Alí estaban na faena, porque se facía naépoca de chuvia e frío.

¡Quen non lembra a recollida das castañas, secalas o calor do fogo,nos sequeiros, onde se transmitían os contos e lendas! E da matanza ¿Que? Onde se mesturaba o ritual coa festa.

Gratitude para as mulleres que criaban, alimentaban e coidaban os porcos diariamente. E como a carretaban as verduras e salvado para o seu alimento. A matanza, a elaboración das filloas, chourizos,botelos…

Gratitude para as mulleres da aldea que tiñan que traballar nas tarefas da casa e do campo, muxir a vaca, soltar as ovellas e cabras,dar de comer os porcos, e logo despois varrer, facer as camas, xantar edarlle de comer o gando…

Por iso, gratitude inmensa para as nosas mulleres de onte e de hoxe,porque non lle era nada fácil a súa situación. Afortunadamente hoxe, houbo grandes cambios sociais, culturais e económicos, sobretodo tecnolóxicos que a relevaron de tantos sacrificios.

Penso eu que aínda haberá mulleres como as de antano, co sacho, cofeixe as costas, e son amas de casa. Aínda existen moitos desafíos por superar, pero vivir na aldea no é o mesmo que fai 50 anos atrás. Hoxe valoramos as nosas mulleres, o seu espírito tradicional, e a súa enerxía de loita e innovación, para unha aldea habitable e queda para que se poida vivir.