As traballadoras están percibindo uns 100€ mensuais por debaixo do acordado en convenio
As Neves, 2 de agosto de 2024
O pleno da asemblea de traballadoras doSAF do concello das Neves vén de acordar ir á folga no mes de setembro para reclamar o pagamento da totalidade do seu salario. As traballadoras, que están a cobrar un 8’8% por debaixo do convenio, uns100 euros mensuais menos, responsabilizan a Xunta e concello da precariedade que sofren.
O persoal denuncia que o actual goberno do PP, sendo coñecedor desta situación, decidiu no mes de abril prorrogar o contrato da actual adxudicataria en contra do pactado coas traballadoras. Lembran que enagosto do ano pasado a adxudicataria _Atendo Calidade_ convocou un AGApara ir ao descolgue salarial porque o prezo hora do concurso, inferioraos 17€ acordado antes da crise inflacionista, non cubría o custe salarial do servizo.
Sinalan que o prezo do servizo veuse incrementado nos últimos tres anos nun 15’3% -o prezo actual oscila entre os 20-23 euros/hora-, do que a empresa só asumiu o 6’5% do ano 2022. “A diferenza está sendoasumida polas auxiliares, traballadoras xa de por si moi precarias contraballos a xornadas parciais de luns a domingo, co agravante de que aportan os seus vehículos para acudir os servizos a un prezo de 0’18 o Qm”, denuncian.
Negociacións no AGA
As negociacións no AGA remataron coa retirada, por parte da empresa, da súa proposta de descolgue, co compromiso de ir a unha negociación para compensación dos atrasos e o compromiso do actual goberno das Neves de rematar o contrato a inicios de 2024 para posibilitar a actualizacióndo prezo e o pagamento dos salarios.
Afirman que a empresa cumpriu coa súa parte da negociación, pero “oAlcalde e a concelleira de Servizos Sociais levan un ano enganando as traballadoras”.
Denuncian ademais que, mesmo en contra do pactado etendo a oportunidade de rematar o contrato en abril, “o goberno municipal decidiu prorrogalo nas mesmas condicións, condenando ás traballadoras a seguir traballando sen percibir a totalidade do seu salario”.
Lembran que nunha xuntanza celebrada no mes de marzo coas traballadoras,na que convocaron ao alcalde e á concelleira de Servizos Sociais parapedirlle explicacións pola prórroga, “o propio rexedor comprometeuse a deixalo arranxado no seguinte pleno”. Porén, desde aquela as traballadoras acudiron a todos os plenos a pedir explicacións,“ratificando os responsables o seu compromiso sen cumprilo” e asegurando que sería nun pleno extraordinario en xullo que non se celebrou.
Campaña informativa
Rematado xullo sen solución, as traballadoras decidiron iniciar estemes de agosto unha campaña informativa para denunciar a súa situación, con repartos e visibilización na rúa e redes sociais e coa vista posta na convocatoria de folga prevista para o mes de setembro seo concello non cumpra inmediatamente co pactado.
A folga atinxiría a 24 traballadoras e máis de 50 usuarias e usuarios dependentes que precisan da atención domiciliaria para actividades básicas da súa vida diaria.
A CIG apunta a Xunta de Galiza e aos concellos como principais responsables da precariedade no sector, mantendo a privatización abaixo custo e sen adoptar absolutamente ningunha medida fronte as empresas que vulneran a normativa laboral.