Manuel Alfonso Estévez

Forma parte da historia viva de Fornelos da Ribeira no 1.931 co Agro Enlace da vida campesiña, di:

Donas e señores:
Antes de subirme o poleiro,
Tendo moito coñecemento,
Deixarei o meu amigo
publicar o testamento.

Atención, pido a todos,
Porque vou a comezar,
Polo eido do Casal:

Para Celsa da Marela,
Como moza moi galana,
Deixa lle este pobre galo
o que lle veña en gana.

Para o Enriquiño da Parda
Deixa lle a peituga,
Que e o que a el le falta
E os demais, nos gusta.

Para a Pepita de Avelino,
Deixa lle as as,
Para que poida voar
En busca de seus irmás.

Para o Xosé da Patricia,
Deixa lle o pescozo,
Pero que teña coidado
Que é bocado perigoso.

Para o Abel da Pancha,
Deixa lle unha morcela,
Para que logo de limpa,
A tema sempre na adega.

Desculpade miñas polas,
As que deixo de lembrar:
Como galo, son pequeno
¡Non teño mais que deixar!

Esquecín meus señores,
Esquecinme do mellor:
Deixar para as outras pitas
O que dita o corazón.

Atención, pido señores,
Porque faltan por firmar:
Os testamentos de Verderol, Casal,
Monteagudo, Manolo do Xurreiras,
Manolo Saborido, Silverio…
E poder ser que, algún mais.

Preguntado a última hora
A este galo, de Fornelos da Ribeira,
Que lle deixa o que isto escribe:
pois só lle deixa o pico,