SÚA ALTEZA REAL, “O PRÍNCIPE ALBARIÑO”

Artigo de opinión A Nova Peneira
Manuel Alfonso Estévez

Foi polos anos 1.950 cando os dous tertulianos, José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro, foran invitados polo dono do restaurante “Casa Pepe” de Vigo, o eido de Cambra, en Fornelos da Ribeira, en tempos de trasegar, e tras unhas cuncas e xantados, recibían a inspiración, dedicados o oficio de escribir, o que logo facían cada un polo seu lado, aínda que algunha vez firmaran os dous.

Levo investigando anos e anos, sobre os viñedos centenarios da nosa terra, e sen querer, un día, atopeime no pazo de San Martiño de Moreira, coidado con todo agarimo, o ouro líquido do albariño, das mans de Augusto Viso Troncoso (e.p.d.).

Era eu un mozo, e polo 25 de Xullo xa comía aquelas pequenas uvas de cor douro e que un tal Pedro Díaz, “escanciador”, legounos a Súa Alteza Real “O Príncipe Albariño”. Pero seguindo coa historia, lémbrome eu, de aquel ano, sendo reporteiro local do xornal El Pueblo Gallego, estando de director José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo, que algún, polo baixo dicía, que eran dous paxaros de conta (con perdón), completada coa súa intermitente amizade.

Indubidablemente, un e outro eran as mellores voces do albariño, que tivo moito que ver coas Rías Baixas, Denominación de Orixe.

Lémbrome tamén aquí, do grande amigo José Posada, con quen coincidín tantas e tantas veces no Ourense, regalándome o libro, Os viños de Galicia.

Pero indo a uva do albariño, no eido de Cambra, no rueiro do Casco, en Fornelos da Ribeira, na que había bastantes cepas que sufriran no século XIX, o bidium e logo o mildiu, que provocaran un desastre, recuperándose pouco a pouco nalgúns eidos paceiros, e daqueles paisanos celosos da súa herdanza, ignorantes de que o albariño, era unha uva das mais grandes variedades brancas do mundo, sobre todo pola agulla, que nada ten que ver co gas carbónico que incorpora o viño de forma natural pola fermentación maloláctica.

¡Quen non se vai lembrar de Vicente Risco, bebendo unhas cuncas de viño no seu museo! Ou na feira, e non sei si no pazo da dona Urraca con Tucho, o mellor taberneiro de Ourense. ¡Vai ti a saber! Porque este viño vai moi ben coa lamprea, co marisco, co peixe da Ría de Vigo, e o polbo co tinto, para rematalo coa a Santa Queimada, da que algún día falaremos.

Agora ben, nos meus tempos, so se bebía o albariño, en determinados pazos, e nalgunhas casas labregas do Condado do Tea.

Tanto Álvaro Cunqueiro, como Xosé María Castroviejo e Xosé Posada, falaban coa querenza e mellor ánimo de probar cantas cuncas mellor, para tertuliar,e mais tarde escribir; José María Castroviejo en El Pueblo Gallego, e Álvaro Cunqueiro, sendo mindoniense, pero con raíces en Cambados, de onde era o seu pai.

José Posada, cos seus Viños de Galicia, pai vigués e nai do Ribeiro, facendo o que lle deixaban facer, mandando viños os nosos paisanos para lles matar o meigallo.

O que hoxe se fai coa Festa do Viño do Condado do Tea, se facía antes algo parecido nalgún que outro pazo ou casa solar, a que acudía a xente.

O viño empezara a ser coñecido de forma constante coa Denominación de Orixe Rías Baixas, admitindo para a súa elaboración os brancos autóctonos co albariño nun 70%.

Debo sinalar a Alexandro Barreras na Finca Fillaboa, que no pasado fora propiedade de Manuel Bárcenas, quen contaba xa con unha historia vinícola exportando os viños.

A Fornelos da Ribeira fun por viño

emborracheime na adega,

non quero mais viño dese

que aínda me doi a cabeza.