O materialismo histórico

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez

O materialismo histórico marxista da historia pasada, é unha interpretación a través da materia, e polo tanto significa que o que condiciona a historia humana son as relacións económicas de produción, que nada ten que ver coa Santa Nai Igrexa, xa que o modo de produción da vida material condiciona só o proceso da vida social e política.

O materialismo histórico afirmaba, que a producción de bens materiais, o sistema de producción concreto, e o que condiciona toda a Historia da Humanidade, para producir medios con que satisfacer as necesidades. Así o concibía Marx, pero tamén Marx, afirmaba o mesmo de Hegel, que concibía a historia animada pola presencia da contradición na súa realidade. E dicir: Da materia, do económico, nunca do espiritual.

As condicións históricas foron as que tiveron lugar no nivel da estrutura económica: Das relacións entre propietarios dos medios de produción e as forzas produtivas, naceu a loita de clases, e as contradicións a nivel humano foron producidas pola distinta posición de uns e outros no proceso produtivo.

Coa loita de clases se pasou a unha sociedade de clases.

Lembrando a Marx, cando consideraba a dialéctica como único método de explicar a materia, do seu estudo en constante desenrolo, consideraba a dialéctica na súa base todo o contrario a metafísica, porque para el no mundo non existían fenómenos illados; todos estaban vinculados entre si. E, sobre a “relixión” expresaba que as “aportacións” eran sensacións ficticias ou imaxinacións que desviaban o esforzo por encontrar sensacións reais.

Eu dentro do Pensamento Socialista, observei como se conxugaba a tese intelectual coa actitude emocional, e os intentos de cambiar a sociedade en bases igualitarias que é difícil definir, dada a variedade que vai dende o socialismo utópico a os países dominados polo marxismo.

O socialismo na concepción do home e da vida establece a prioridade da sociedade sobre o individuo.

Eu na obra Fundamentos de Pedagoxía socialista, estou en o que di: E unha ideoloxía creadora dun mundo novo, e homes novos. E me parece interesante introducilo nestes conceptos que por ser novos, as veces non perduran no tempo. Por iso hai que ir de vagar,pois aínda existen seres humanos que confunden o trigo cos feixóns.