Eu son libre pola coraxe de selo

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.

Aos meus 94 anos pasados por auga, o meu afán foi ser feliz cos que merodean, vinculando a felicidade a miña forma de vivir con os demais. E,en vez de deixar mais e mais cousas que nunca fixen, a clave foi sempre, desfrutar das relacións humanas conectando sempre coa idea dunha sociedade solidaria e participativa, preocupada polo benestar colectivo, porque non hai nada mais importante que compartir a vida, queiramos ounon, porque somos seres sociais que non cambiamos coa idade, nin coafama, nin con o diñeiro. ¡Así de claro!

Tal como pensei sempre, a miña felicidade está na liberdade de vivir,e non hai felicidade, si non hai benestar, polo que para ser feliz haique ser libre e a liberdade non é só política, nin se consegue pordecreto, só se consegue cando tes coraxe de ser libre. E hoxe, gozo deliberdade conforme os meus pensamentos en coherencia e sen medo. Elogrei ser feliz con pouco, aínda que algún pense que con pouco non selogre nada.

Hoxe, dende a miña atalaia, contemplo este mundo moderno, poñendo todoo seu entusiasmo no traballo, na produción, esquecéndose de desfrutardos momentos que lle brinda a felicidade, contemplando a Ría de Vigo, apraia de Samil, paseando e falando cos veciños, non se necesita mais.E, con este hábitos terás uns dez ou 15 anos mais de vida saudable,sen ter que investigar nada sobre a lonxevidade e envellecer, que nosleva o estudo da xenética, da nosa calidade de vida en comparación coalcance que ten os nosos hábitos.

O meu patrón de hábitos e actividades conformaron a miña vida. Edicir: O conxunto de factores determinaron a miña vida diaria,imprimindo na saúde e no benestar social, o meu desenrolo persoal. Enaceu o concepto sociolóxico e psicolóxico que representa o meu perfildo pensamento, valores, actitudes, intereses e opinións: A miña formade vivir. E non deixo de recoñecer que a maioría das enfermidades sonproduto do estilo de vida da xente.

Dicía Pepe Mújica: Se pode caer e volverse a levantar e sempre vale apena volver a empezar unha e mil veces mentres esteamos vivos. Osderrotados son os que deixan de loitar e deixan de loitar e soñar.

Confeso, que nunca perdín a dignidade, a pesares dos anos da posguerra.Resistín e soñei e soño aínda. E recomendo a todo o mundo que viva eloite por ser libre.

O Capitalismo non fai mais que acumular a posesión da riqueza e noncontribúe a felicidade humana, e é necesario cultivar un estilo devida simple e relacionarnos mais coa xente. Asi pensaba tamén PepeMújica en unha vida con sentido. Porque non hai nada mais importanteque saber compartir a vida cos demais. E isto se consegue coa idade enon con diñeiro.

¡Non gastemos o tempo que é vida!

Producir si vivindo para desfrutala, porque a expectativa de ser feliz e lexítimo e desexable, pero ¡Ollo! Que se pode chegar a ser infeliz.

Eu lémbrome dos meus anos felices en Fornelos da Ribeira, pensando por exemplo, daquelas horas luz do Sol, vital, para a miña vida de neno. E o cerebro buscando pracer e recompensa,para evitar dor, malestar ou aburrimento…

Hoxe, percibo signos de esperanza asociados a realidade política contraria ao sistema dominante. E coido, como dixera Sancho Panza: Amigo que non da e o coitelo que non corta, aínda que se perda, non importa.

Non asi ocorre coa A NOVA PENEIRA, que nos acolle nunha aperta, para librar os niveis de oxitocina do corpo.