Manuel Alfonso, fillo de Fornelos da Ribeira.
Agora que temos eleccións autonómicas e posiblemente nacionais un pouco máis tarde, vexo como a perda de identidade, a ameaza cultural e as preocupacións vinculadas o estilo de vida son algúns dos factores que están facendo que _v__otantes de __e__squerdas_ leven o seu voto para os partidos de dereita e ultradereita.
Non é que o invente eu, senón que o din tódalas enquisas. Vese na tele, na rúas, escoitámolo nas conversas, salta nas redes sociais, etc.
Non fai falta ir a lugares estraños para darse conta de como a dereita e a ultradereita están ascendendo perigosamente, a base de ruído, de desprestixiar e golpear polo baixo. Témolo en Chile, na Arxentina, en Italia, e a lista é longa…
En España, con Vox e Ayuso como valedora. É asi como si fora con nós, coa xente traballadora e a xente humilde en xeral, que se decantan por estes partidos como se viviran realidades diferentes as nosas. E sempre me fago a mesma pregunta, coa incredulidade que suscita que políticos, en moitos casos, contrarios aos dereitos humanos, estean conseguindo o apoio dos cidadáns.
¿Por que a clase obreira e certas xentes votan cada vez mais á ultradereita e dereita, se supostamente gobernan en contra dos seus intereses?
Sumados á apatía e fastidio que provocan as oposicións políticas que historicamente reivindican a defensa dos traballadores e xentes populares, os sentimentos e afectos xerados a través dos partidos liderados polos ultras están desprazando a conciencia xeral deste país.
A imaxe do currelo, sen estudos universitarios, votando de forma disciplinada á esquerda ten xa, a estas alturas, máis imaxe mitolóxica que real, que, como di “César Rundueles”, mide non só o cambio de voto, senón a necesidade de cambiar de análise para entender por que se produce este viraxe.
“Entre esquerda dáse unha especie de ilusión intelectual e moralista, que nos fai pensar que o voto é o resultado dun proceso complexo”.
Estas relacións, ao igual que as económicas, poden marcar a “clase social” a que pertencen, pola vida cotiá e a relación cos demais, di Rendueles.
“Os sentimentos son o motor político de primeiro orde”. É algo que nos custa moito aceptar e tendemos a crer que as “xentes humildes” nos discursos políticos poden mobilizala e así mobilizar os intereses de todo o mundo. E, en todo ese viaxe, migración, inseguridade e incerteza convértense en factores propicios. Así, a xente traballadora séntese máis insegura coas “leis que defenden aos delincuentes” e non se decatan, ou non queren decatarse, dos avances logrados en _d__ereitos __l__aborais_. Outros, en cambio, guíanse polos bulos que se estenden como a pólvora.
A evidencia científica constata que hai unha desalineación cidadá mediante a divulgación, a educación e a comunicación política.
Existe unha percepción social cada vez maior de desconexión entre os partidos políticos de esquerdas, que debe representar a clase obreira, e, á vez, a dereita – non sempre elitista – empuxa por ese voto.
Paréceme todo o mesmo can con diferente collar, e necesita a corrupción da esquerda para roubar aos curritos.
A extrema dereita sabe explotar o aspecto social, por un lado, coas bandeiras e ir contra o “movemento feminista”, activando sentimentos masculinistas e xenófobos, en lugar de orientar a un mundo mais xusto e igualitario para todos. Así insiste no “chivo expiatorio” coas mulleres, as disidencias sexuais e as xentes migrantes e racializadas.
¿Que pasa? Pregúntome ás veces.
A esquerda déixase absorber polo neoliberismo e non realiza propostas ambiciosas, mentres que as dereitas ofrece propostas ás que a xente dubida, e a estes lle veñen ben para agarralas.
Outra, a esquerda se dereitizouse en parte, coas redes sociais, os “influencers” que consolidaron ideas arredor da decepción coa esquerda.
En fin: Co voto mestúranse moitos factores, e esta realidade encontra a súa razón de ser, que logo materializan en voto.
Hoxe, temos que desencorchar a dereita e ultradereita para chegar ao público cun particular tipo de mensaxe. E o de “A Nova Peneira” é un deles. Hai que rachar os moldes. Estamos nun momento para que ninguén arranque o teu voto.
Manuel Alfonso, fillo de Fornelos da Ribeira.

Primer comentario