Paulo Peres Lago [Comité Antifascista da Lourinha]

A raíz da plandemia puxéronse de actualidade conceptos como enxeñaría e control social. Que a `Operación Covid´ foi un experimento de obediencia civil deseñado polas elites corporativas tecnolóxicas nun laboratorio biolóxico en Wuhang (China) financiado pola fundación Bill Gates, a USAID, e outros “filántropos” euxenistas, non é a estas alturas ningún segredo.

Para levalo a cabo recorreron a equipos de científicos e doutores confirmando a narrativa, medios de comunicación para espallar o relato, forzas militares e policiais para que se cumpran as medidas técnicas adoptadas, poder político e gobernos para lexitimar a ficción apocalíptica, e unha forte censura nas redes sociais contra toda discrepancia. Coa manipulación conseguiron unha opinión pública favorábel e a instalación no senso común da narrativa desexada.

Todo este tipo de manipulacións non xurdiron de repente, é algo que o poder leva facendo dende que a loita de clases é o motor da historia, aplicando a máxima de `divide e vencerás´. Os escravistas tiñan o medo como principal ferramenta aplicando outras medidas complementarias como mesturar en pequenos grupos diferentes etnias e linguas, pequenas torres de Babel nas que era case imposíbel a organización e a loita pola liberación.

Na idade media foi o analfabetismo, mantendo as clases dominadas na ignorancia para manipulalas. O coñecemento inoculábase ao pobo a través da relixión, coa manipulación ideolóxica e espiritual que levaba a aceptar o destino como algo inevitábel, `vimos a terra para sufrir, e é a través da morte que conquistaremos o paraíso”.

Coa transformación industrial cara outro modelo de organización social, económica, e cultural estas ferramentas foron cara un plano `secundario´. En tempos de paz social cobraba vital importancia para as clases dominantes o control das mentes, do pensamento tanto individual como colectivo, para obstaculizar e paralizar calquera forma de oposición a un sistema inxusto e criminal que desprezaba as vidas dos dominados. Posteriormente, o ensino público foi creado para adestrar as masas nas novas necesidades do sistema e ao mesmo tempo, impedir o pensamento crítico que puidese facilitar a toma de conciencia e a posíbel organización de oposición e loita.

Ao longo do tempo todas estas ferramentas de sometemento foron perfeccionadas e complementadas xunto a outras ao calor dos avances industriais e tecnolóxicos. O medo, a censura, a represión, a contaminación mental convencendo de que non hai outro modelo posíbel, o entretemento, o monopolio da publicación académica con cooptación nas universidades daquelas mentes máis brillantes e mesmo das subversivas que a cambio de migallas, subían ao carro da modernidade para defendela.

A débeda, outra forma máis de parálise social, non so activa o consumo, tamén facilita o estrangulamento da loita social e sindical. Quen vai facer unha folga indefinida cunha hipoteca ás costas? Ou cun préstamo do coche vixente? Ou simplemente coa ameaza de sancións punitivas por participación en ditas loitas?

Coa tecnoloxía que foi posta a disposición das masas xa antes de ser liberada para o seu uso incorporaba elementos de control útiles aos fins da burguesía. A liberación de internet que foi un aparello de uso militar co que podías comunicarte con calquera parte do mundo, con persoas doutras latitudes, alonxándote dos teus veciños, dos teus amigos, e sobre todo dos teus compañeiros de traballo. Como vas a organizarte para loitas se estás desconectado de tódolos elementos necesarios?

A variedade, a diversidade, foi aniquilada polo algoritmo que coa falsa aparencia de axuda está guiándote e encarrilándote cara o autoillamento. Os celulares convertéronse nunha ampliación do corpo físico que te acompaña a tódalas partes, recopilando datos que non se usan individualmente, mais que xunto a outros informan e compoñen un mapa social que é constantemente monitoreado para ser guiados polos pastores do sistema. Cámaras, software’s de seguimento, espionaxe, veñen de serie para facilitar o traballo.

A intelixencia artificial é o novo paradigma que unifica tódolos modos de manipulación e control social. A capacidade de procesar cantidades masivas de datos permite aos estados e as corporacións predicir e modificar o comportamento a grande escala, eliminando a privacidade.

O seu uso como mecanismo de dominación maniféstase con vixilancia masiva e biométrica, recoñecemento facial, rastrexo biométrico, e control das comunicacións, que permite o seguimento e a identificación en tempo real. Avaliación do comportamento cívico e moral das persoas, limitando as súas liberdades en función das súas opinións, control da disidencia a través da `seguridade nacional´, férreo control sobre a narrativa coa falaz escusa de loita contra fake news, as redes sociais como “droga cognitiva” para manter a túa atención, dirixir con sutileza as túas decisións, polarizar debates, etc.

Mais a pesar de todo isto, debemos lembrar que todo sistema social crea no seu interior o sepultureiro que lle dará fin. Toda dominación crea resistencia.

A loita é o único camiño!

Antifascistas e antiimperialistas sempre!