Os manuais da educación e os bos modais

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.

(De onte e de hoxe)

A orixe ben de lonxe, inspirada nas edicións francesas e inglesas, aplicadas en países onde a clase alta e medio alta reinaba. Algúns formados por hábitos de axuda e outros por valores humanos. Exemplo:

“Respectar o país, asearse antes de saír do eido, camiñar pola beira da estrada e saudar”.

Asi naceron como norma de urbanismo:

1).- O Aseo, das persoas para os demais.

2).- No eido, o vestirnos e levantarnos.

3).- Fora do eido, o camiñar por camiños e pistas.

4).- A sociedade, coas conversas, a mesa, os xogos, etc.

5).- As aplicacións sobre a urbanidade.

Arredor dos artigos desta historia existe a “etiqueta” dos bos modais, de como se ten que ir vestido a certos eventos, de como se debe comer, beber e dirixirse a outra persoa. E dicir: O que lle chamamos “urbanidade”.

Polo tanto benvidos A Nova Peneira, logo despois de mais de tres séculos de comer coas mans, e as familias distinguidas para disimular durante os “banquetes” ordenando a servidume, a limpar coas esponxas perfumadas, durante o banquete, tanto por hixiene como por respecto os demais a hora de xantar. Entón, se facía gala de certa etiqueta.

Nos fogares as nenas e nenos, recibían clases de como comportarse na mesa e ir pola vida: Ponte recto,non apoies os cóbados sobre a mesa, non sorbas, non fales coa boca chea, límpate antes de beber… ¿Te lavaches as mans antes de sentarte?

Entón, había que aprender a utilizar a “servilleta”, a saber dos cubertos, como a culler, que xa era utilizada na Idade da Pedra, pero non alcanzara chegar o século XV. A popularidade de hoxe non é a do holandés que utilizaba diferentes “culleres”para cada tipo de salsa que tomaba.

Coido que o “garfo” foi sempre unha cousa rara. Antes se collía a carne cos tres dedos e non se introducía na boca coa man que collía a carne. Tampouco ninguén bebía da fonte nin collía os manxares, so os mordían e volvían a deixar. Tampouco usaban a “culler” nin sobaban co mantel nin se botaban sobre a mesa, e menos sentarse restregándose ou apoiándose cos cóbados.

Os bos modais e a boa educación son formas de comportamento que fan referencias as relacións e tratos coas persoas, pero as regras da cortesía non son artificiosas, senón código que se compón de regras de xogo. Que axudan a sentirse cómodos. E dicir: Saber estar, que afecta a todos. E a importancia dos bos modais, e a mellor herdanza que podemos deixar aos fillos, sementando en eles os valores, as raíces e a convicción de seren capaces de mellorar o mundo e conseguir nenas e nenos ben educados. Val a pena!

E digo que cal quer momento é bo, aínda que non se lle dea importancia, por exemplo a etapa infantil. O futuro das nenas e nenos, seguros de si mesmos, capaces de percibir as necesidades dos demais, e de xestionar as súas emocións correctamente, e comportarse con boa educación. Unha nena ou neno é capaz de adquirir e consolidar bos modais na súa etapa de adolescente e a adulta. Axudémoslles a saír da etapa egocéntrica mentres son pequenos, para que se vaian sensibilizando cos demais compañeiros, avós e mestres.

A Nova Peneira é un medio de transmisión para os nosos fillos con creatividade, enxeño e actitudes para unha educación e modais, resaltando a grande responsabilidade que teñen os educadores para unha boa “educación” con bos modais. O Fin e o cabo, é unha inversión para toda a vida na que se require constancia e moita paciencia, pero que vale a pena.