Volvo presentarme a alcaldia e con mais enerxia ainda

Victoria Alonso Mos
Victoria Alonso

O digo chea de orgullo, porque é unha honra volver contar co apoio da militancia. Non hai orgullo máis grande que presentarte para ser a futura rexedora do teu concello, e mais cando é gracias ao apoio das e dos compañeiros que estiveron e están o meu carón para facer máis forte o noso grupo. Porque é un momento no que teño a ilusión, a enerxía e a experiencia necesarias para dar o paso ca convicción de que representamos a alternativa máis útil para darlle unha volta a xestión do concello.

Quero facer moito fincapé no meu obxectivo de xestionar o concello de forma limpa e transparente, cuestión que vimos denunciado e que quero cortar de raíz. A xestión municipal non pode ser opaca, nin moito menos deixar de trasladar toda a información solicitada. Tamén quero convidar a toda a veciñanza a ser participe da miña equipa, e que desta forma me trasladen as necesidades e xuntos podamos buscar solucións reais.

Véxome na obriga de facer un balance desta lexislatura, a miña primeira lexislatura en política, para poñer sobre a mesa aquelas eivas que atopo e que quero erradicar. Claros exemplos son a falta de dialogo, porque cando non escoitas deixas de atender as necesidades da totalidade, as faltas de respeto, porque cando esqueces a educación esqueces todo, ou perder o sentido crítico de non saber cando antepos o partido a veciñanza.

Estou segura e defendo que vou presentar un proxecto que vai dar solución aos problemas que levan anos sobre a mesa, vou ser valente e vou afondar temas pendentes para construír un Mos máis amable e sobre todo, vou gobernar escoitando a toda a veciñanza. Un proxecto que teño que dicir que levamos moito tempo traballando nel, cun equipo entregado e cunha forza que pretende mudar Mos.

Unha administración socialista vai escribir unha nova historia para Mos, e tamén estou moi orgullosa de liderar a equipa socialista. Porque cando os socialistas gobernan, cámbialle a vida a veciñanza, mellorase e póñense en valor aspectos que parecían esquecidos, recupéranse dereitos e non se deixa a ninguén atrás. Non se lle pode reprochar o Goberno Central que non habilitase axudas, foron dende os ERTES ata axudas para alugueiro, desconto para carburantes, incremento do salario mínimo, ingreso mínimo vital, fondos europeos para diversas cuestións, e un largo etcétera que fan desta difícil lexislatura socialista, estivese marcada polo esforzo e implicación. Isto é o que eu levo como bandeira, esforzo e implicación para facer un concello no que vivamos máis agusto.

Non podo vivir allea aos problemas de Mos, porque son unha veciña máis. Eu durmo aquí, esperto aquí, como aquí e me desprazo aquí, vivo e padezo as mesmas situacións que todos vos. Teño os mesmos desexos e os mesmos soños para o noso concello, por iso dou un paso ao fronte para postularme como a vosa alcaldesa. E por suposto, vos convido a que fagamos equipo, a que sexades parte do grupo de veciñas e veciños que quere moito máis e que xuntos habemos conseguilo.