Mes: Novembro 2020

En lembranza de Gustavo García

O recente pasamento do avogado vigués Gustavo García Fernández na lonxana illa canaria de Fuerteventura, fai imprescindible lembrar o moito que lle debemos tanto as asociacións como o activismo social que traballa no campo da Memoria Histórica, na loita contra a impunidade dos crimes do franquismo e na demanda da necesidade de xulgar aos asasinos e torturadores da ditadura

Ler máis

Aparcadoiro de A Ramallosa: reapertura ou rescate da concesión

Xa durante o anterior mandato municipal, a empresa concesionaria do aparcamento público soterrado de A Ramallosa demandou ao concello o restablecemento do equilibrio económico da concesión, alegando a rotura do mesmo en base a unha serie de peregrinas consideracións como a crise económica, a competencia desleal de algún outro estacionamento que prestaba os seus servizos de maneira irregular, ou, sorprendédevos, a existencia de prazas de aparcamento en superficie

Ler máis

Vello debate

No ruído da tramitación parlamentaria da nova lei de educación reverberan ecos de antigas disputas. Non vaiamos tan lonxe. Vale con calquera momento do século XIX europeo no que por primeira vez as masas desherdadas adquirían voz política e reclamaban a necesidade duns valores distintos aos defendidos polas clases dirixentes

Ler máis

Desigual xustiza!

Estarei mal de percepcións ou parece que hai unha seudo mafia xudicial que cada día manexa gran cantidade de recursos mediáticos en favor do “entramado de estado” e reiteradamente conculca aspectos da lei, a mesma lei que debera empregar para defendernos do mal que se cometa? Parece que o fan como sistema de auto protección

Ler máis