Mes: Novembro 2020

40.000€ por unha “volta”

O pasado día 5 de novembro viviuse en Mos un feito único na historia do noso concello, hai quen pensará na Volta Ciclista a España pero non, o verdadeiro fito histórico foi a “volta” que deu a alcaldesa de Mos subida nun coche, diante do pelotón de ciclistas, vestida cunha camisola ciclista e saudando á xente imitando á raíña de Inglaterra.

Ler máis

Conflito en Urbaser Redondela

A representación sindical da CUT en Urbaser, empresa que recolle o lixo do Concello de Redondela, denuncia que están sometidos a un enorme sobre esforzo pois eles entenden que a plantilla de persoal que realiza o traballo de recoller os residuos é claramente insuficiente. Manifestan terse dirixido á empresa para tratar de solucionar a situación e que estes fixeron caso omiso. Nós falamos co delegado sindical da CUT na devandita empresa

Ler máis

Chega as librarías a III entrega da saga de novela negra”Vicus” do escritor vigués Beto Luaces

O noso amigo Beto Luaces ven de publicar a III entrega da súa serie de novela negra VICUS. Desta volta leva por título “UN LUGAR AFASTADO”.Sen dúbida un regalo moi apropiado para estas festas deste nadal atípico. Novela negra de grande calidade na que o escritor desenvolve unha trama de elevada intensidade narrativa cuxa tensión dramática non deixa a ninguén indiferente

Ler máis

A Pobreza ten faciana de muller

O pasado 8 de marzo, Galegas 8M facía retumbar as rúas baixo o lema de “Sen coidados non hai vida”. Cinco palabras cunha soa pretensión: dignificar o traballo dos coidados, visibilizar o que e invisíbel. A pandemia actual provocada pola COVID é un exemplo práctico e global dos motivos que impulsan a saída ás rúas das mulleres: a crise dos coidados e a crise das mulleres. Así, non foi e non é un lema sen contido

Ler máis