Chega as librarías a III entrega da saga de novela negra”Vicus” do escritor vigués Beto Luaces

Beto Luaces

O noso amigo Beto Luaces ven de publicar a III entrega da súa serie de novela negra VICUS. Desta volta leva por título “UN LUGAR AFASTADO”.Sen dúbida un regalo moi apropiado para estas festas deste nadal atípico. Novela negra de grande calidade na que o escritor desenvolve unha trama de elevada intensidade narrativa cuxa tensión dramática non deixa a ninguén indiferente.Neste momento as restriccións sanitarias impedironos tomar un café con BETO, pero foi un pracer conversar novamente con el

BETO LUACES

ESTOU AGRADECIDO E EMOCIONADO POLA ACOLLIDA QUE ESTÁN A TER AS MIÑAS NOVELAS”

Xa temos a terceira entrega de Vicus, verdade?

Pois si, acabamos de publicala. Desta volta titúlase “Un lugar afastado”.Seguimos co mesmo protagonista , Manuel Peixoto, un detective privado vigués.

Os espazos nos que se desenvolve a trama son os mesmos?

Si, a cidade de Vigo e a Serra do Suido. Eses son os territorios principais malia que en cada libro aparecen algúns territorios secundarios

A novela está nas librarías?

Acaba de comezar a distribución. Eu penso que arredor do 10/12 deste mes de novembro xa estará en todas as librarías

O protagonista desta teceira parte é o mesmo que o da segunda, pero non que o da primeira?

Si, no primeiro libro o protagonista era un arquitecto que deixou paso no segundo e neste que acabamos de publicar ao detective Manuel Peixoto

Nesta terceira parte, o arquitecto Senén Barreiro xa desapareceu ou aínda ten algún papel?

Non desapareceu, segue a ter un papel, aínda que secundario, moi importante. É amigo do detective e axúdalle na resolución dos casos

Coñecéndote como te coñezo e sen ter lido esta 3º parte aínda, si as dúas primeiras, teño a sensación de que o final de “Un lugar afastado” non é un final pechado?

Non, efectivamente non está pechado o final. De feito a miña idea é superar a triloxía

E tes algo na mente xa para pensar na tetraloxía?

Si, xa estou a traballar nun cuarto libro

Xa¡¡¡ miña nai pero ti non paras Beto¡¡

Ben, pero aínda está por ver que o remate, que me guste a min e que tamén lle guste á editorial

Din que os homes non temos capacidade para facer dúas cousas a un mesmo tempo, eu polo menos non a teño, pero ti que estabas coa man esquerda rematando a terceira parte, e coa dereita iniciando a cuarta?

Ha ha ha ha .Ben, sabes que os escritores nunca paramos e eu confío en que cheguemos ao cuarto polo menos

A valoración da repercusión das dúas primeiras partes?

Enormemente positiva. Estou moi satisfeito, emocionado e agradecido pola acollida que tiveron as dúas primeiras partes de VICUS

É posible ler “Un lugar afastado” sen ter lido as dúas entregas iniciais”?

Si, son historias independentes aínda que ao ser unha saga , se se pode, eu recomendó comezar polo principio para poder comprobar a evolución dos personaxes

Que expectativas tes para a terceira novela que acaba de saír ao mercado?

Se tivera a repercusión dos dous primeiros eu quedaría moi contento.O que me chega a min é que existía expectación nos lectores pola súa aparición e a verdade eu estou moi ilusionado

Hai algún tipo de patrón na tipoloxía xeral do lector de VICUS?

Non eu creo que non. Temos lectores de todo tipo

Rematamos Beto. Para cando VICUS no cinema?

Eu estaría encantado claro. Se unha productora se animase eu sería feliz,