O peche dunha estrada mantén en estado de semi aillamento ao barrio da Salgosa

Juan José González Rejas

Fiolledo é unha parroquia do Concello de Salvaterra que segundo o censo do 2.019 tiña 248 habitantes.E a Salgosa é un dos barrios desa parroquia. A súa veciñanza denuncia que desde o 27 de xullo do ano pasado, case medio ano, o peche dunha estrada imprescindible para entrar e saír das súas casas obrígaos a tomar unha pista perigosa, en moi mal estado e que lles fai multiplicar por 3 a distancia a percorrer para algo tan básico como entrar nas súas casas.O peche desta estrada ven motivado polas obras da PLISAN, seica a xestión da mesma vai ser traspasada da zona franca ao Concello de Salvaterra, pero entre ambos organismos pasan a pelota tratando de atribuír a responsabilidade ao outro e o que ía ser un inconvinte dun mes, xa vai polo medio ano , mantendo á veciñanza nunha situación difícil de asumir. Desde A Nova Peneira, unimos a nosa voz ao colectivo de afectados e afectadas e esiximos que Zona Franca e Concello de Salvaterra se poñan de acordo dunha vez e solucionen o problema, antes de que pase unha desgraza, pois a estrada xa está rematada, insisto xa está rematada, e só falta a vontade política necesaria para proceder á súa apertura.Para coñecer máis sobre o estado da situación falamos con Juan, un veciño do barrio da Salgosa que se está a mover para que se solucione o tema o antes posinble

Juan José González Rejas

De onde es ti natural Juan?

Eu son natural do barrio da Estación das Neves, e resido no barrio da Salgosa da parroquia de Fiolledo

Esa parroquia xa é do Concello de Salvaterra?

Si, efectivamente

A veciñanza da Salgosa, o barrio no que ti resides, tedes un problema moi concreto.Cóntanolo?

Pois que a alcaldesa de Salvaterra pechounos, no mes de xullo do ano pasado, unha estrada moi importante para acceder ás nosas casas. Notificounos que, como moito, a finais do mes de agosto estaría aberta.Estamos en xaneiro , é dicir 5 meses despois da data prometida, e a estrada segue pechada

Bando no que se anuncia o peche da estrada

O problema do peche desta estrada deriva das obras do porto seco, verdade?

Si, este é un proxecto faraónico que se comezou hai máis de 20 anos e aínda segue a dar quebradeiros de cabeza á veciñanza da zona

As persoas que tiñades terreos na zona, tardastes moito en cobrar as expropiacións?

Sii, moito teempo, non che podería concretar con exactitude cando pero arredor de dez ou doce anos, e despois de coller sobre 5 millóns de metros cadrados e cortar varias vías tradicionais de comunicación, a única estrada de uso veciñal que quedou ven sendo esta que agora está cortada

Exactamente cal é?

A que une a Plisán con Meder e co lugar do Monte

Antes de que se producirá o corte en concreto desa estrada, as obras da Plisan non afectaron ás comunicación locais?

Si, algo de lentitudes soían provocar pero sempre estivo a estrada aberta, incluso houbo unha época que estivo co piso de terra

Caramba e como o solucionastes?

Falamos con Arturo, pois daquela era el o alcalde, e el fixo o seu traballo e asfaltounos a estrada.E así levabamos 20 anos pasando por esa estrada, esencial para entrar e saír das nosas casas

Co actual corte da estrada cal é o núcleo de poboación máis afectado?

O da Salgosa, no que eu resido.Temos que dar unha volta moi grande para chegar ás nosas casas.Como sabes eu traballo en As Neves, e para ir da niña casa ao traballo, desde que nos pecharon a estrada, ando 3 kmts a maiores catro veces ao día, é dicir 12 kmts diarios de máis, por unhas pistas realmente perigosas.E coma min hai un montón de xente, pero non só nos afecta a nós, tamén afecta á xente de Meder e a xente de Rubiós, e a transportistas que por necesidade teñan que desprazarse por esta zona aféctalles gravemente.

Cal é a estrada que estades usando nestes meses Juan?

Unha estrada municipal en moi mal estado,moi estreita, e que pasa polo medio de casas co conseguinte perigo que sufrimos e que ocasionamos pois esa estrada non está feita para eso.É a pista que ven desde a ponte do ferrón á funeraria de Meder.

Estrada xa rematada, cuxo peche causa graves problemas de mobilidade á veciñanza da Salgosa

Estades facendo algo para defender os vosos dereitos?

Formamos un grupo de aislados do Condado.Presentamos tanto no Concello de Salvaterra como na zona franca de Vigo máis de 500 sinaturas nas que solicitamos a apertura desa estrada tan importante para nós

Fixéronvos caso?

Non. De momento non nos respondeu nin o Concello nin a zona franca.A percepción que temos nós é que se pasan a pelota duns aos otros.Pero nós entendemos que se foi a alcaldesa quen a pechou debe de asumir a responsabilidade de solucionar canto antes ese grave problema.

Non pedistes a colaboración do Concello de As Neves?

Marcelino , o tenente de alcalde, asinou a nosa carta