Casa Rivero agora en Ponteareas

Casa Rivero agora en Ponteareas

La mesa, hijo, está tendida
en blancura quieta de nata,
y en cuatro muros azulea,
dando relumbres, la cerámica.
Ésta es la sal, éste el aceite
y al centro el pan que casi habla.
Oro más lindo que oro del pan
no está ni en fruta ni en retama,
y da su olor de espiga y horno
una dicha que nunca sacia.

Gabriela Mistral

Así comeza o fermoso poema “La casa” da poeta chilena Gabriela Mistral, no que describe de maneira tan bonita o sinxelo acto de sentarse á mesa a xantar.Este é o poema que me ven á mente cando vou comer a Casa Rivero, pois se hai algún restaurante no mundo no que o acto de sentarse a comer sexa semellante a este ambiente cálido, familiar de acougo e paz,que tan ben describe Gabriela, é Casa Rivero. Durante unha ducia de anos estiveron en Mondariz Balneario, e dese o 29 de decembro do ano pasado están nun novo local en Ponteareas, na parroquia de Bugarín, na estrada de Ponteareas a Mondariz. Foi un pracer conversar novamente con Reme, a súa propietaria. Velaí vai o que deu de si a conversa

REMEDIOS RIVERO

ESTOU TERRIBLEMENTE ORGULLOSA POR SEGUIR GOZANDO DO MÁIS IMPORTANTE QUE UNHA PERSOA LLE PODE DAR A OUTRA: A SÚA CONFIANZA.A CONFIANZA DE TODOS OS NOSOS CLIENTES E AMIGOS”

Despois de tantos anos, Reme, falando contigo no mesmo escenario, en Mondariz Balneario, resúltame un pouco extraño facelo nun lugar diferente.Por que o cambio?

Non creo que se poida explicar por unha soa razón.É unha suma de motivos o que nos levou a tomar esta decisión.Se cadra a máis importante está en que a nosa vontade de estar permanentemente aprendendo para mellorar, para darlle un servizo exquisito aos nosos clientes e amigos , é tan forte que nun momento como este consideramos que requería un mellor espazo, máis amplo e luminoso para procurar a satisfacción de calquera persoa que nos distinga coa súa compañía.

Cando foi o día que inaugurastes en Ponteareas?

O 29 de decembro

En tan pouco tempo podes emitir algún tipo de valoración?

É moi pouco tempo, si, pero o que podo dicir de momento é todo moi satisfactorio, tendo en conta a situación sanitaria tan dura que vivimos.Pero fíxate, ás veces non podemos atender a toda a xente que quere vir

Caramba que ben¡¡

Ten a súa parte mala, eu quero poder atender a calquera cliente que veña onda nós, pero ben tamén me fai moi feliz que a xente se lembre de Casa Rivero e queira seguir dándonos o máis importante que unha persoa lle poida dar a outra : a súa confianza

Canto tempo estivestes en Mondariz Reme?

Doce anos e medio

E a valoración xeral de todo ese tempo?

Excelente. Foron anos tan bonitos, que non me quero nin acordar dos inconvintes que como en calquera experiencia da vida tamén os houbo claro.

Di a canción que “ vinte anos non son nada”, pero si que son moito, e ti xa levas máis de 20 anos na hostalaría verdade Reme?

Si, ambas cousas son verdade. Levo máis de 20 anos no sector, pois inicialmente tiven o Bule Bule, 9 anos en Ponteareas que é a vila na que eu vivo, e logo o Casa Rivero , algo máis de 12 anos en Mondariz Balneario. Agora casa Rivero vai continuar o seu camiño en Ponteareas a vila na que comecei eu a niña profesión.

Eu o Bule Bule non o coñecín, si o local de Mondariz, alí comín varias veces, e tamén este local no que falamos pois xa comín aquí a semana pasada.E nesa comida, se se tivese os ollos pechados, podería imaxinarme no local de Mondariz Balneario pois todo era igual.E teño a sensación de que o amor e a paixón que lle pondes ti e todo o teu equipo para facer que as pequenas cousas se convirtan nalgo moi importante é a mesma en Mondariz, en Ponteareas ou en calquera outra parte do mundo no que no futuro puidesedes estar?

Tes a sensación correcta, pois tal como o describes ti é o que procuro transmitir eu. É a nosa esencia, a nosa natureza e é a nosa idiosincrasia .Os negocios son o reflexo do equipo que os xestionan .E eu quero que o noso negocio sexa distinguido por dúas características definitorias: -Un servicio e un produto de primeira calidade a un prezo razonable-E unha relación de confianza e afecto mutuo con cada cliente de maneira que poidan sentir que a nosa casa, casa Rivero, é tamén a súa

O equipo de Ponteareas é o mesmo có de Mondariz?

O equipo de Mondariz está ao completo comigo, e agora ampliaámolo con algunha persoa máis, pois este é un local máis amplo e ademáis imos implementar algún plato e servizo a maiores, como por exemplo a parrilla, e polo tanto precisamos algunha persoa a maiores.Pero son todos do ADN Casa Rivero. Estou segura de que encaixarán á perfección

Traballas con menú do día e con carta, verdade?

Si, o máis ampla e variada que podemos

Cal é o voso horario?

Pois todo depende da situación sanitaria claro.O horario de antes era de 13,00 -16,00 e para as ceas de 20,00-24,00 .Agora polas obrigadas restriccións o horario das comidas é o mesmo, e para as ceas o horario da cociña é de 20,00 a 23,00 pero a partir das 22,00 xa non podemos admitir a ningún cliente

Este local no que estades agora, era moi coñecido pola celebración de eventos: vodas, bautizos e todo tipo de festas.Ti tes pensado traballar algo nese campo?

Non o sei de momento. Ata que non se recupere a normalidade nas relación sociais non o vou decidir, pero é algo que no o descarto.

Nestas circunstancias tan difíciles especialmente para o voso sector, como valoras a actuación da administración?

Eu entendo que son momentos moi difíciles para todos. Pero conidero que a xestión das cousas foi lenta de máis, e entendo que facía falta maiores doses de imaxinación e por que non dicilo tamén maiores cantidades de cartos para investir en buscar fórmulas que garantan a seguridade nos locais e non nos obriguen a pechar xa que eo é unha miseria para todos.

Rematamos, Reme.Como andas de ilusión?

Eu teño ilusión a toneladas, casa Rivero xa é indisociable de Remedios Rivero como ser humano.É o meu proxecto vital e así vai seguir séndoo toda a niña vida