
Victoria Alonso PSOE de Mos
Acabamos de rematar un ano complexo, no que tivemos que vivir situacións que xamais pensábamos vivilas. No que houbo que afrontar perdidas económicas pero o que aínda foi máis grave, afrontar perdidas de seres queridos. Este virus fíxonos ver que a confrontación non é solución para os problemas, nin a crispación axuda a que a cidadanía encontre respostas para as súas queixas. Este ano deixou máis patente ca nunca que precisamos dunha conciencia social na que todos axudemos na medida do posible para saír adiante.
O 2020 tamén serviu para demostrar quen está comprometido coa veciñanza e quen se limita a dicir que o está. Hai gobernos que nos momentos de crise poñen en marcha medidas cas que a cidadanía se sinta apoiada fronte aos que buscan sacar rédito político. É a primeira vez que temos un Goberno de España que anta unha situación de crise sanitaria e económica descoñecida ata a data, tratou de tomar medidas cas que axudar a todo un país. Cas cales trataron de evitar despidos, axudar a aqueles que podían atravesar unha mala situación e facendo fronte as nosas necesidades sanitarias de todo o noso país. Por outro lado, o 2020 tamén deixou ver quen está para aportar e quen para facer estragos.
O noso concello é un exemplo. No primeiro pleno tralo confinamento, fronte a nosa actitude de consenso e unidade para superar está situación crítica, encontrámonos un pleno convulso e marcado polo reproche. Tratamos de facer fincapé na importancia de deixar os ataques políticos a un lado e obtivemos por resposta que non se nos tivese en conta a nos para a comisión de seguimento do covid-19 nin as nosas propostas. Foi nese intre cando nos decatamos que Mos seguiría na tónica habitual de confrontación.
Unha das primeiras solicitudes, que seguimos mantendo a día de hoxe, foi axudas para os autónomos e pequenas empresas que demostren máis problemas de afrontar esta situación. Dende alcaldía, estando gravado nun pleno, se nos dixo que darlle 1.000€ a un autónomo non lle axuda en nada. Demostrando desta maneira o descoñecemento polo moito traballo que lle custa a calquera empresario de medio ou pequeno nivel sacar adiante o seu negocio. Entendemos que a crise vai provocar peches de negocios e empresas durante o ano 2021, co conseguinte aumento do paro que se pode producir. Para a nosa sorpresa, o orzamento deste novo ano non levan incorporada ningunha medida extraordinaria para paliar esta situación.
Tampouco se buscou ningunha medida de cara o apoio a hostelería, xa que as decisións que se tomaron son de pequena relevancia por suspender tasas que xa non se viñan cobrando. Ou medidas que non chegaron a ter repercusións beneficiosas para os negocios do noso concello. Tamén se eliminaron as axudas para escolares que podería ser unha forma de axudar a familias que van ter un ano complexo.
Xa no ano 2020 e a vista do orzamento do 2021, a cultura, o deporte e o ocio en xeral no noso concello vai sufrir un descenso. A pesares das medidas, estas actividades poden facerse con certas limitacións. Sendo esta, unha maneira de fomentar o ocio no noso concello sen desprazamentos e fomentar o traballo neses sectores que se viron moi prexudicados. Aquí é onde si mira a implicación dun concello, que no caso de Mos é inexistente.
En definitiva, temos un goberno que continuou apostando por unha cidade deportiva que ninguén lle pediu, facendo inauguracións e actividades pero non apostou polo noso concello. Non se apostou pola nosa cidadanía. Tan so nos limitamos a evitar certos gastos coa escusa da pandemia para aproveitar e sanear as arcas municipais, demostrando desta maneira que non están tan ben como a alcaldesa di. A cidadanía vamos ter que facer fronte a unha crise mentres que dende alcaldía limítanse a sacar fotos querendo vender unha imaxe irreal de “todo está ben”.